Unha APC (Article Processing Charges), tamén coñecida como “tasa de publicación”, e un cargo polo procesamento de artigos que se cobra aos autores por publicar nunha revista de acceso aberto ou nunha revista híbrida. Esta tarifa pode ser pagada polo autor, pola institución ou polo financiador da investigación.
Ser o autor/a de correspondencia (corresponding author) do artigo
Estar afiliado/a á Universidade de Vigo na data de aceptación do artigo
Dispoñer dunha conta de correo electrónico con algún dos dominios da universidade
É a persoa que supervisa o manuscrito e a correspondencia durante o proceso de publicación, dende correccións de manuscritos e corrección de probas, ata o tratamento das revisións e remisión dos manuscritos revisados ata a súa aceptación.
Ten a autoridade para actuar en nome de todos os coautores/as en todos os asuntos relacionados coa publicación do manuscrito, incluído o material complementario.
É responsable de informalos do estado do manuscrito durante o proceso de envío, revisión e publicación e ademais, actúa como punto de contacto para calquera consulta despois da publicación do traballo.