Localizador de recursos electrónicos
Publicar en aberto en Royal Society of Chemistry (RSC)
Royal Society of Chemistry logo
Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo

As tres Universidade galegas, a través da CRUE/CISUG asinaron un acordo con RSC para o período 2023-2025 que permite a lectura da colección de revistas de RSC, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas e en 4 revistas Gold OA da editorial.

  • Tipoloxía documental: artigos de investigación (article, reviews, etc)
  • Tipoloxía de fonte: catálogo de revistas de RSC Híbridas e unha selección de Gold OA (RSC Chemical Biology, Materials Advances, Nanoscale Advances e RSC Advances). Listaxe de títulos elixibles
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo: 1/1/2023 ata o 31/12/2025
  • Cobertura do custo do APC: 100% de desconto do custo do APC e 15% de desconto cando remate o fondo
  • Cobertura de número de artigos: 12 APCs en 2023
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY ou CC-BY-NC
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.
  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.
  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.
  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.
Compromisos das persoas beneficiarias
As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.
  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.
  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.
A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.
Instrucións para as/os autoras/es

Cando o artigo sexa aceptado, recibirá un correo electrónico cunha ligazóns.

1. Deberá comprobar que os datos do seu artigo son correctos.

2. Se está correctamente identificada/o co correo electrónico institucional, o sistema ofreceralle a posibilidade de escoller entre publicar en OA ou baixo subscrición.

3. Se escolle publicar en OA, debe seleccionar a licenza: CC-BY ou CC-BY-NC.

4. Revisar os datos e confirmar.
 

Outras ligazóns de interese