Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en Elsevier
(Última actualización, maio 2021)
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron un contrato coa editorial Elsevier que se extenderá ata o ano 2024 que permite a lectura da colección de revistas incluídas en ScienceDirect, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da Freedom Collection. Quedan excluidos do acordo de publicación os seguintes títulos: Lancet, Cell e Clinics.
 

  • Tipoloxía documental: Artigo de investigación (article, reviews).
  • Tipoloxía de fonte: Revistas hibridas de Elsevier en Freedom Collection e revistas específicas Non Freedom Collection subscritas individualmente pola universidade a excepción de Cell Press, Lancet e Clinics. Listaxe de títulos elixibles.
  • Cobertura temporal: Data de aceptación do artigo: 31/12/2024
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC. 
  • Cobertura de número de artigos: Financiarase o 100% do importe da APC en revistas híbridas (hybrid OA)  e un 10% de desconto nas revistas Full OA. Ao esgotar os fondos adxudicados á Universidade de Vigo, aplicarase o desconto do 10% tanto nas revistas híbridas como Full OA incluidas no acordo.
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY, CC-BY-NC-ND. 
Requisitos de financiamento
  • Ser o autor/a de correspondencia (corresponding author) do artigo.
  • Estar afiliado/a á Universidade de Vigo na data de aceptación do artigo.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico con algún dos dominios da universidade.
Compromisos das persoas beneficiarias
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para os APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • Ó existir un número limitado de pagos dos APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata esgotar os fondos dispoñibles.
 
No momento en que o autor/a escolle a opción Gold OA, o artigo pasará a estar dispoñible en acceso aberto na plataforma do editor á espera de ser validado pola biblioteca. Se non é validado, o autor/a poderá escoller entre publicalo baixo subscrición ou asumir o pago da APC para mantelo en aberto.
Instruccións para os autores/as

a) O/a autor/a de correspondencia recibe un correo despois da aceptación do artigo cunha ligazón para seleccionar as opcións de publicación. Para iso hai que picar na opción Complete the Rights and Access Information Form.

b) No seguinte paso selecciónanse os datos da afiliación no despregabre.

c) Introdúcense os datos e afiliación dos/ as co-autores/as.

d) A continuación, complétanse os datos da entidade financiadora.

e) Selecciónase a opción Gold Open Access e a licenza Creative Commons.

f) Finalmente, elíxese o status do/da autor/a de correspondencia e asínase o contrato, o cal se presenta para a súa aceptación.
 
Outras ligazóns de interese