Localizador de recursos electrónicos
Descontos para publicar en SCOAP3
SCOAP3 logo
Última actualización: marzo de 2024
Introdución
SCOAP3 é un proxecto do eido da Física de Altas Enerxías impulsado polo CERN no que participan máis de 3.000 bibliotecas, centros de investigación, consorcios, axencias de financiamento e editores científicos como IOP, Springer ou Elsevier.

A través da aportación que fan as organizacións que participan no proxecto, SCOAP3 paga de maneira centralizada aos editores os custos involucrados en proporcionar acceso aberto, liberando aos autores/as de asumir eses custos.
Descrición do acordo
O persoal investigador da Universidade de Vigo pode acceder en acceso aberto e gratuítamente a artigos de revistas subscritos polas institucións participantes e, ademáis, pode publicar nelas sen pagar as APCs e mantendo o seu copyright. Todos os artigos publícanse baixo licenzas CC-BY.
Instruccións para os autores/as
  1. Consulta na web do proxecto a lista de revistas incluidas no acordo: SCOAP3 Journals
     
  2. Selecciona a revista na que queres publicar. 
     
  3. Envía o manuscrito. O proceso de envío detállase de maneira específica no apartado “Author Guidelines” de cada unha das revistas. Para cada unha delas, detállase a porcentaxe de artigos dedicado a Física das Altas Enerxías.
 
Porcentaxe de artigos adicados á Física de altas enerxías en SCOAP3










 
 

No proceso de envío, recoméndase ós autores/as indicar o ORCID.

Todos os artigos publicados baixo este consorcio SCOAP3 aparecen no repositorio de  SCOAP3 para a súa posterior distribución, ademais de ser de acceso aberto nos sitios web dos editores.(*)
 
Máis información