Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en IEEE
Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través da CRUE/CISUG, asinaron un contrato coa editorial IEEE que permite a lectura da colección de revistas incluídas en IEEEXplore, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas do catálogo de IEEEXplore, excepto 29 revistas "Non OA" nas que a sociedade editora non contempla a publicación en Acceso Aberto. O acordo tamén inclúe un 20% de desconto nas APCs das revistas Fully OA.
 

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas (100% custo da APC); revistas Fully OA (20% de desconto). Listaxe de títulos elixibles
  • Cobertura temporal: a data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 16/06/2023 ata o 31/12/2025.
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC en revistas híbridas. E 20% de desconto en revistas Fully OA.
  • Cobertura de número de artigos: 8 APCs en 2024
  • Tipos de licenza: Creative Commons: CC-BY 4.0, CC-BY-NC-ND (para as revistas híbridas). Máis información sobre licenzas.
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.

  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.

  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.

  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.

Compromisos das persoas beneficiarias
  • As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.

Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.
  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.
  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks, Proceedings nin Standards.
Instrucións para as/os autoras/es
  1. Cando localice unha publicación á que lle gustaría enviar un artigo, faga clic en "Iniciar novo envío" para comezar co proceso de envío e siga as indicacións do sistema de manuscritos.
     

  2. No paso de envío de autor/a e afiliacións, comece a ingresar o nome da súa institución na pantalla "editar información da conta" e seleccione entre os resultados que se mostran xunto co ID de Ringgold correspondente.
     

  3. Se o seu artigo é aceptado e publicado como acceso aberto, recibirá unha notificación por correo electrónico sobre os procesos de pago de APC e os pasos seguintes.
     

  4. A administradora de acceso aberto da Universidade de Vigo recibirá e revisará a solicitude de financiamiento para o seu artigo.
     

  5. Para garantir un procesamento preciso, asegúrese de elixir o nome da súa institución no menú despregable, así como o seu propio enderezo de correo electrónico institucional durante o envío.