O acceso aberto forma parte do que se denomina Ciencia aberta (Open Science) un concepto que fai referencia á apertura das publicacións, dos datos de investigación, das metodoloxías, dos procesos de avaliación nunha contorna de investigación e innovación mais transparente de cara á cidadanía. No contexto da I+D o acceso aberto céntrase:
Nos artigos de investigación científica revisados por pares, publicados en revistas
Por “acceso abierto” a esta literatura queremos decir su disponibilidad gratuita en Internet, permitiendo a cualquier usuario leer, descargar, copiar, distribuir, imprimir, buscar o usarla con cualquier propósito legal, sin ninguna barrera financiera, legal o técnica, fuera de las que son inseparables de las que implica acceder a Internet. La única restricción para la reproducción y distribución, y el único papel para los derechos de autor en este dominio, debe ser dar a los autores el control sobre la integridad de su trabajo y el derecho a ser debidamente reconocido y citado. (BOAI, 2002)
Desta definición despréndense os seguintes elementos:
Os contidos son gratuitos para o lector/a e libres, é dicir, permiten a súa reutilización e difusión (pódense usar, copiar, descargar, etc.). Os usos permitidos pódense definir mediante licenzas do tipo creative commons ou similares
Refírese a documentos dixitais que están accesibles en liña a través de Internet
Os/as autores/as reteñen o dereito a ser debidamente recoñecidos e citados, así como o control sobre a integridade das súas obras
No ano 2018 a Universidade de Vigo asinou a Declaración de Berlín comprometéndose firmemente co movemento Open Access.
SHB Het Kennisnetwerk voor Hogeschool-bibliotheken
Vías do acceso aberto
Existen dúas vías para proporcionar acceso aberto:
Vía dourada ou Gold Open Access consiste en publicar en revistas de acceso aberto.
Vía verde ou Green Open Access consiste en depositar os documentos nun repositorio, é dicir, nun arquivo onde se almacenan as copias dixitais.
Estas vías non son excluíntes: un artigo publicado nunha revista en acceso aberto tamén se pode depositar nun repositorio respectando as condicións da editorial (versión do artigo, período de embargo, etc.). A publicación en aberto dun artigo non exime da obrigación de depositalo nun repositorio se así o esixe a axencia de financiamento.
A Universidade de Vigo conta cun Repositorio Institucional para o depósito da produción científicaINVESTIGO
Vantaxes do acceso aberto
A publicación en acceso aberto en revistas científicas ou en repositorios ten múltiples vantaxes.
Vantaxes para o investigador
Incrementa a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación
Garantiza a preservación a longo prazo
Facilita que os/as autores/as poidan ser debidamente recoñecidos/as e citados/as
Vantaxes para as institucións e a sociedade
Reflicte a actividade investigadora da universidade
Favorece a innovación
Facilita a transparencia e rendición de contas do investimento público na investigación
Infografía REBIUN
Marco normativo
O acceso aberto está apoiado por unha serie de normativas e mandatos que son de obrigado cumprimento dentro de seu ámbito de aplicación.
Horizonte 2020: Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para o período 2014-2020. Os requisitos para o acceso aberto detállanse no Horizon 2020 AGA -- Annotated Model Grant Agreement. Art. 29 Dissemination of results-open Access-visibility of EU funding.
Non. Moitas veces pódese acceder a un artigo a través de Internet e pódese ler de maneira gratuíta. Con todo, para considerar que un documento estea publicado en acceso aberto é necesario que ademais de ser de acceso gratuíto, permita a súa difusión e reutilización. Na web dos editores, podemos atopar artigos de "acceso libre" en inglés "free access"
Estes artigos están protexidos por copyright (os dereitos de explotación foron cedidos á editorial) e non se poden difundir nin reutilizar sen permiso. Os documentos publicados en acceso aberto, podémolos identificar cun cadeado aberto que representa tanto a apertura económica (gratis) como a xurídica (libre dalgúns dereitos). Para facilitar a reutilización legal dos contidos, utilízanse licenzas do tipo Creative Commons que indican os usos que se poden facer do documento.
As publicacións en acceso aberto teñen dereitos de autor?
Si. O autor ou a autora conserva os dereitos e mantén o control sobre a súa obra, ao contrario que na publicación tradicional na que cede os dereitos de explotación ao editor. Os dereitos quedan protexidos utilizando licenzas Creative Commons que permiten indicar os usos que se poden facer da obra.
Publicar en acceso aberto afecta ao impacto da miña investigación?
Non. A calidade dos contidos non depende de que as publicacións estén abertas ou pechadas. Con todo, os traballos publicados en acceso aberto poden chegar a unha audiencia mais ampla que os que se accede por subscrición, polo tanto, aumentan as posibilidades de ser citados.
O acceso aberto elimina a revisión por pares?
Non. O acceso aberto non substitúe, nin elimina os mecanismos de fixación de calidade xa establecidos para a produción científica, é dicir, que non cuestiona o sistema de revisión por expertos, que é a base da comunicación científica. O acceso aberto céntrase na difusión, no uso e na reutilización de contidos científicos. Isto non interfere para nada nos sistemas de revisión da calidade das publicacións científicas (xa sexan o peer review das revistas ou a actividade dos índices e as axencias de avaliación) que teñen os seus criterios de validación. Polo tanto, o acceso aberto non elimina os sistemas de control de calidade.