Localizador de recursos electrónicos
LICENZAS CREATIVE COMMONS
Image: logo Creative Commons

(Última actualización: setembro 2023)
Introdución
As licenzas Creative Commons foron desenvolvidas por Creative Commons Corporation, organización sen ánimo de lucro que facilita aos autores/as un código legal co que poder comunicar os usos permitidos das súas obras. 
Que son as Creative Commons?
As licenzas Creative Commons son licenzas de uso, universais e gratuítas, que todo autor/a pode aplicar ás súas obras de creación.

Mediante este tipo de licenzas, o autor/a e/ou titular de dereitos concede unha serie de autorizacións ou permisos para que outros utilicen a obra baixo determinadas condicións. Estas condicións son escollidas polo propio autor/a.
 
Por que empregar licenzas Creative Commons
 
  • Declaras de forma simple e estandarizada qué permisos das a terceros para usar o teu traballo.
  • Obtés unha maior difusión dos traballos ao estar en aberto.
  • Axudas a loitar contra o plaxio.
Tipos de licenzas
As licenzas Creative Commons establecen catro tipos de condicións, que se identifican cos seguintes símbolos:



Estas condicións, combinadas entre elas dan como resultado 6 tipos de licenzas distintas que permiten a reproducción, distribución e comunicación das obras sempre que se cumplan as condicións establecidas polo titular dos dereitos.

Imaxe: Combinación de licenzas Creative Commons

Todas as licencias Creative Commons requiren que se dea crédito ao autor/a da obras.  E dicir, sempre hai que recoñecer a autoría do traballo que se está a empregar baixo unha licenza Creative Commons.

Podes aplicar á túa obra calquera das seis licencias Creative Commons.
Pautas para a creación de licenzas Creative Commons
Antes de elixir unha licenza:
  • Le atentamente os termos e condicións que establece cada licenza
  • Infórmate dos usos da túa obra que vas permitir con cada unha da licenzas.
As dúas licenzas menos restritivas son: CC BY e CC BY SA. As restantes catro: CC BY NC, CC BY ND, CC BY NC SA; CC BY NC ND o son máis.

Pensa nas obrigas que teñas ou poidas ter nun futuro, tales como requisitos sobre o financiamento do proxecto, acordos editoriais, e/ou limitacións impostas por unha institución. É importante ter en conta estas consideracións á hora de elixir a túa licenza.

Premendo na imaxe podes visualizar a Infografía sobre pautas para a utilización de Creative Commons:



Infografía: "Pautas para a creación de licenzas Creative Commons" CRUE-REBIUN CC BY
Como asignar unha licenza Creative Commons
  • Accede á dirección https://creativecommons.org/choose/?lang=gl
  • Escolle a língua na que queres que figure a licenza.
  • Elixe o tipo de licenza respondendo ás dúas preguntas que figuran no primeiro apartado (dependendo da túa selección cambiará a imaxe da dereita).
  • Cubre os datos do documento ao que queres asignar a licenza.
  • A icona da licenza aparecerá no último dos cadros.
Podes descargar os logos e imaxes para marcar a túa obra na seguinte ligazón: Logos e imaxes
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158