Envío do manuscrito á editorial
a) Vaia a "
My Articles". Unha vez que o seu artigo sexa aceptado debe completar una serie de accións no "
Author Services Dashboard": Faga clic en "
Manage Article" e a continuación prema en "
Select Open Access" (neste punto xa se lle indicará que existe a posibilidade de acollerse a un acordo de publicación coa sua institución).
b) Declare o financiamento de ser o caso. Se non confirmou previamente o financiamento, pediráselle que proporcione
aquí esta información: nome do financiador e número da subvención.
c) Agregue a afiliación, prema en "
Add affiliation" e comece a escribir o nome da súa institución no campo de texto. Seleccione a súa institución cando vexa o seu nome na lista. Prema en "
Confirm" e "
Continue".
d) Confirme o acceso aberto. Verá unha pantalla de selección de acceso aberto cunha mensaxe que confirma a súa elexibilidade para o financiamento por parte da universidade.
e) Escolla unha das licenzas Creative Commons propostas.
Máis información.
f) Recibirá un correo de confirmación. A Biblioteca procederá a autorización ou denegación do pago no caso de non cumprir con algún dos requisitos, o que se lle comunicará por correo-e. No caso de denegación, terá a opción de 1) continuar coa publicación en acceso aberto escollendo outro método de pago ou 2) cancelar o pedido e continuar publicando como un artigo de subscrición.