Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en Oxford University Press
Logo Oxford University Press
Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo
As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato coa Oxford University Press (OUP) que dá acceso á colección completa de revistas OUP e ademais ofrece a posibilidade de publicar en acceso aberto en máis de 300 revistas do seu catálogo sen ter que pagar os APC (Article Processing Charge). Trátase dun acordo do tipo Ler e Publicar (Read & Publish).
 
  • Tipoloxía documental: artigo de investigación. Tipos: Articles, Reviews e Proceedings
  • Tipoloxía de Fonte: 478 revistas de acceso aberto dourado (Gold OA) e Híbridas (Hybrid OA) (revistas de subscrición con opción de acceso aberto). Consulte a listaxe de revistas elixibles.
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo: 1/1/2024 a 31/12/2024
  • Cobertura do custo dos APCs: 100% do custo do APC
  • Cobertura de número de artigos: 12 artigos por universidade
  • Tipos de licenza Creative Commons: CC-BY, CC-BY-NC, CC-BY-NC-ND 
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.

  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.

  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.

  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.

Compromisos das persoas beneficiarias
  • As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.

  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.

  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.

  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.

A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.

Instrucións para as/os autoras/es
Envío do manuscrito á editorial

a) Cando o manuscrito é aceptado, o autor recibe unha mensaxe de correo electrónico cunha ligazón ao sistema online de licenciamento e pago de APC.

b) Acceda ao sistema cun usuario de Oxford Academic Journal ou rexistre unha nova conta.

c) Seleccione a licenza Creative Commons axeitada e confirme o acordo de copyright e a xestión dos pagos.

d) Escolla a opción Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) no despregable  “Open Access Prepayment Account”.
 
e) Revise a súa solicitude antes de enviala. Recibirá un correo da universidade confirmado ou rexeitando o pago da APC. En caso de denegación, poderá efectuar o pago por outros medios.
 
  • OUP Open Access Acount User Guide  (Guía de uso para autores/as)
  • Nota: a anterior plataforma de pago (Author Services) será substituída por unha nova chamada SciPris (guía de uso). Mentres dure esta transición, tras ser aceptados os manuscritos para a súa publicación os autores serán dirixidos a unha ou outra plataforma dependendo da revista elixida