Envío do manuscrito á editorial.
a) Unha vez que o seu traballo foi aceptado, se o corresponding author está correctamente identificado, recibirá un correo-e de SpringerNature con instrucións para completar o acordo de publicación.
b) Unha vez identificado o autor, debe buscar e seleccionar a Universidade de Vigo dentro do despregable para que a identificación funcione. Aparecerá unha xanela emerxente con información sobre o acordo transformativo, tipo de artigo elixible e tipos de licenza.
c) A biblioteca procederá a autorización ou denegación do pago da APC, en caso de non cumprir con algún dos requisitos, o que se lle comunicará por correo-e.
d) Unha vez aceptado o pago da APC, o autor debe elixir o tipo de publicación: OA ou baixo subscrición. Debe elixir tamén o acordo de publicación correcto e seleccionar e firmar a licenza.