Os acordos transformativos son contratos negociados entre as bibliotecas ou consorcios de bibliotecas e os editores que transforman o modelo actual de negocio da publicación de revistas académicas. Caracterízanse por usar os fondos tradicionalmente destinados ás subscricións (pagar para ler) a un novo modelo no que ademais de pagar por ler, inclúe o prezo de publicar en acceso aberto (Article Procesing Charges ou APC). É o que se coñece como Read & Publish.
Este tipo de acordos inscríbense no marco dos cambios que a Ciencia Aberta (Open Science) implica para o desenvolvemento da comunicación científica. O seu obxectivo é acelerar a transición cara o acceso aberto (OA), facilitar o cumprimento dos requirimentos das axencias financiadoras e incrementar a visibilidade da investigación.
As súas características segundo ESAC (Efficiency and Standards for Article Charges) son:
ESAC mantén un rexistro no que se recollen os acordos transformativos a nivel internacional.
O CISUG (Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia), constituído polas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e a Xunta de Galicia, asinou os seus primeiros acordos transformativos para financiar a publicación en acceso aberto coas editoriais Cambridge University Press, Oxford University Press, Wiley & Sons, Elsevier, Springer, ACS (American Chemical Society), RSC (Royal Society of Chemistry) e IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers). Ademais, a Universidade de Vigo asinou un acordo coa Association for Computing Machinery (ACM).
Requisitos:
Compromiso:
Outras disposicións:
Estes acordos implican o mantemento do acceso á consulta dos artigos e un número determinado para cada institución de artigos gratuítos publicados en aberto.
Coa sinatura destes acordos pretenden aliñarse con outros países da Unión Europea que xa os alcanzaron e cumprir cos mandatos propios e alleos de acceso aberto.