Incrementa o uso e impacto das publicacións ao chegar a unha audiencia mais ampla.
Garante a preservación a longo prazo.
Facilita o acceso perpetuo aos traballos mediante ligazóns permanentes.
Garante unha correcta xestión dos dereitos de autor.
Permite cumprir con mandatos institucionais e requirimentos dos organismos de financiamento.
Permite aos investigadores/as dispoñer dun punto de acceso unificado á produción científica.
A Universidade de Vigo conta cunha política institucional de acceso aberto á produción científica. No ano 2018 asinou a Declaración de Berlín comprometéndose firmemente co movemento de acceso aberto.
A xestión e mantemento do repositorio correspóndelle á Biblioteca Universitaria.
Para depositar calquera documento en Investigo, debes dispoñer dos dereitos de explotación da obra ou da autorización dos seus titulares respectando os dereitos de propiedade intelectual.
O persoal docente e investigador da Universidade de Vigo ou as persoas en quen deleguen salvo no caso das teses, que son depositadas polo Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao previa autorización dos autores e autoras.
A biblioteca pode rexeitar o depósito dos documentos nos seguintes casos:
Infrinxa dereitos de autor, dereitos de explotación, plaxio, presenten problemas técnicos que dificulten a súa lectura ou conteñan virus.
En Investigo, coa excepción das teses, so se poden depositar documentos publicados, de maneira que os dereitos de explotación das obras adoitan estar cedidos a un editor. Polo tanto, antes de realizar o depósito:
1. COMPROBA OS PERMISOS DOS EDITORES
Para os artigos de revistas existen ferramentas que permiten coñecer, sen necesidade de contactar cos editores, as posibilidades que existen para depositar os artigos:
Se a revista na que se publicou o artigo non figura en ningunha destas bases de datos, diríxete ao editor para coñecer a súa política con relación ao acceso aberto ou, no seu caso, solicita a pertinente autorización.
2. COMPROBA A VERSIÓN DO ARTIGO QUE PODES DEPOSITAR
3. CONSERVA OS TEUS DEREITOS
Ao asinar o contrato, negocia co editor. Se o acordo co editor é moi restrictivo, negocia algunha excepción. É importante reter algúns dereitos para poder compartir ou difundir a obra no repositorio, nunha páxina web persoal...
Podes engadir ao contrato un anexo ou addenda. Existen varios modelos que podes tomar como referencia:
Horizon 2020. Model Grant Agreement. Cláusula 29.2.
Utiliza licenzas non exclusivas (como Creative Commons ou similares). Estas licenzas permiten determinar en que termos se pode utilizar o traballo.
Información relacionada: Tutorial Multimedia "Controla tus derechos facilita el acceso abierto"
Coa licenza Investigo autorizas á universidade a difundir na internet a tese así como a asegurar a súa preservación a longo prazo. Non hai cesión de dereitos de explotación á universidade. Os/as autores/as conservades todos os dereitos de autor e podedes facer uso da vosa tese na forma en que estimedes mais oportuna.
Na autorización de depósito, podedes definir os usos da tese mediante licenzas non exclusivas do tipo Creative Commons. Por defecto, aplícase a licencia CC mais restrictiva (Recoñecemento- NonComercial- SenObraDerivada) aínda que podedes escoller calquera outra.
Se a túa tese non está dispoñible no repositorio (teses inéditas en CD-ROM anteriores a 2017) podes solicitar á Área do Repositorio Institucional da biblioteca universitaria a súa inclusión.
As teses estarán en acceso aberto, salvo no caso de estar afectadas por algunha das excepcións recollidas na normativa legal (art. 14.6). Neste caso, os/as autores/as podedes solicitar unha limitación de acceso público (embargo, versión reducida, etc.) mediante escrito dirixido ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.
Quen se considera autor ou autora da Universidade de Vigo para depositar en Investigo?
Podo depositar no repositorio unha obra escrita con outros autores ou autoras?
Podo depositar en Investigo traballos xa publicados sen inflixir os dereitos de copyright?
Si. Só tes que coñecer as condicións de cesión dos dereitos de explotación do teu traballo e a política de acceso aberto da editorial. Esta política podes consultala no portal Sherpa/Romeo (internacional) ou en Dulcinea para as revistas españolas. Mais información en: Propiedade intelectual en Investigo.
Por que debo depositar os meus traballos en Investigo?
Estou a cumprir cos requirimentos legais de acceso aberto (Lei da Ciencia, H2020), si publico en revistas de libre acceso ou se poño o artigo en ResearchGate ou na miña páxina web persoal?
Non. Para cumprir cos requerimentos de acceso aberto esixidos pola lexislación e/ou as axencias europeas de financiamento é necesario depositar os traballos nun repositorio institucional como Investigo ou nun repositorio temático.
Consulta a guía Diferenzas entre redes sociais académicas como ResearchGate ou Academia.edu e os repositorios institucionais
Consulta a guía Pasos para cumprir co acceso aberto no programa H2020
Cando deposito os meus traballos en Investigo, cedo os dereitos de explotación da miña obra á Universidade?
Todos os contidos de Investigo están en acceso aberto?
Non. Aínda que a maioría dos contidos dispoñen de acceso aberto a unha versión do texto completo, o repositorio tamén inclúe obras que, debido á cesión de dereitos de propiedade intelectual a terceiros (por exemplo, editores comerciais) ou outras razóns de tipo legal, non ofrecen un acceso aberto aos mesmos. En tal caso o único que ofrece Investigo en aberto son as referencias bibliográficas (metadatos) das obras pero permite pedir directamente ao autor ou autora unha copia do documento que está pechado mediante a opción “ Request a copy” na que só tes que identificarte e explicar os motivos da solicitude.
Pódese depositar unha tese que se quere publicar máis adiante?
Sí. Pero tes que ter en conta que, aínda que conservas todos os dereitos de autor sobre o teu traballo e podes publicalo onde queiras, moitos editores de revistas científicas non aceptan traballos divulgados con anterioridade. Polo tanto, se queres publicar a tese ou algún artigo científico baseado nela, é mellor non difundila inmediatamente en acceso aberto e solicitar un período de embargo no momento de firmar a autorización de depósito en Investigo.
Quen pode consultar e descargarse os contidos que hai en Investigo?
Área do Repositorio Institucional
investigo@uvigo.es / 986 813 821