a) Seleccione a revista e consulte os requisitos propios de cada título. Para iso, consulte o
listado A/Z de revistas.
b) Rexistro e identificación: Para que se poida aplicar o desconto, é fundamental que os datos de filiación e o correo electrónico queden claros, tanto no rexistro como no envío do manuscrito. O/a autor/a debe ser membro da Universidade de Vigo e estar rexistrado/a cunha dirección de correo electrónico baixo algún dos dominios institucionais.
c) Envíe o manuscrito e marque o nome da Universidade de Vigo no despregable de institución que se mostra para o envío online.
d) O desconto aplícase seleccionando a institución participante no “
Institutional Open Access Program (IOAP)” no momento da publicación do traballo. O prezo final reflectirase na factura que recibirá o/a autor/a.