Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en ACS (American Chemical Society)
Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron un contrato coa editorial ACS (American Chemical Society) que se estenderá ata o ano 2024 e que permite a lectura da colección de revistas incluídas en ACS, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas do Catálogo de ACS, excepto a revista fully OA “ACS Omega”.
 

  • Tipoloxía documental: Artigo
  • Tipoloxía de fonte: Paquete incluído OA (revistas híbridas e dúas Fully OA, excepto “ACS Omega”). Listaxe de títulos elixibles.
  • Cobertura temporal: Data de aceptación do artigo: ata o 31/12/2024
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC 
  • Cobertura de número de artigos: 12 APCs en 2024
  • Tipos de licenza: Creative Commons: CC-BY
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.
  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.
  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.
  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.
Compromisos das persoas beneficiarias
  • As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.
  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.
  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.
A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.
Instruccións para os autores/as
Envío do manuscrito á editorial.

a) Unha vez que o seu artigo é aceptado, recibirá un correo electrónico de ACS preguntándolle se quere publicar en acceso aberto. Para elo, prema no enlace que lle chegará por correo-e. O enlace levarao a RightsLink, onde pode solicitar financiamento a través da súa institución. Seleccione a opción de buscar financiamento.

b) Na pantalla “Pay Author Charges”, seleccione “Next” para iniciar o proceso de 2 pasos para aceptar os Termos e condicións de ACS e logo enviar o seu pedido.

*Nota: Deberá iniciar sesión en Copyright Clearance Center (CCC) para completar o proceso. Se non está rexistrado en CCC, deberá crear unha nova conta e iniciar sesión.

O seu formulario de rexistro está precargado con metadatos de ACS.

c) Seleccione “Submit for Approval”. Recibirá un correo electrónico confirmando a súa solicitude.

d) Recibirá un correo electrónico de confirmación de CCC (no-reply@copyright.com) unha vez que se aprobe a súa solicitude. O artigo publicado indicará a licencia de uso público seleccionada para que os lectores saiban que é de acceso aberto.

(1) Rightslink: plataforma onde se realiza o pago das APC para a publicación en acceso aberto. A súa nova ferramenta OA Agreement Manager facilita estas transaccións nos acordos R&P.
 
Outras ligazóns de interese