Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en IEEE
(Última actualización, xuño 2023)
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través da CRUE/CISUG, asinaron un contrato coa editorial IEEE que permite a lectura da colección de revistas incluídas en IEEEXplore, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas do catálogo de IEEEXplore, excepto 29 revistas "Non OA" nas que a sociedade editora non contempla a publicación en Acceso Aberto. O acordo tamén inclúe un 20% de desconto nas APCs das revistas Fully OA.
 

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas (100% custo da APC); revistas Fully OA (20% de desconto). Listaxe de títulos elixibles
  • Cobertura temporal: a data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 16/06/2023 ata o 31/12/2025.
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC en revistas híbridas. E 20% de desconto en revistas Fully OA.
  • Cobertura de número de artigos: 8 APCs en 2023 (revistas híbridas).
  • Tipos de licenza: Creative Commons: CC-BY 4.0, CC-BY-NC-ND (para as revistas híbridas). Máis información sobre licenzas.
Requisitos de financiamento
  • Ser o autor/a de correspondencia (corresponding author) do artigo.
  • Estar afiliado/a á Universidade de Vigo na data de aceptación do artigo.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico con algún dos dominios da universidade.
Compromisos das persoas beneficiarias
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para os APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • No caso de existir un número limitado de pagos dos APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.
  • As APCs pagadas ata agora para publicar en aberto, non poderán ser reembolsadas.
  • Non se poden utilizar os créditos para publicar en Proceedings e Standards.
Instruccións para os/as autores/as
  1. Unha vez que atope unha publicación á que lle gustaría enviar un artigo, faga clic en "Iniciar novo envío" para iniciar o proceso de envío e siga as indicacións do sistema de manuscritos.
     
  2. No paso de envío de autor/a e afiliacións, comece a ingresar o nome da súa institución na pantalla "editar información da conta" e seleccione entre os resultados que se mostran xunto co ID de Ringgold correspondente.
     
  3. Se se acepta o seu artigo e publícao como acceso aberto, recibirá unha notificación por correo electrónico sobre os procesos de pago de APC e os próximos pasos.
     
  4. O administrador de acceso aberto da súa institución recibirá e revisará unha solicitude de financiamiento para o seu artigo.
     
  5. Para garantir un procesamento preciso, asegúrese de elixir o nome da súa institución no menú despregable, así como a súa propia dirección de correo electrónico institucional durante o envío.