9. Que son as competencias informáticas e informacionais?
As
competencias informáticas son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e conductas que capacitan aos individuos para saber como funcionan as TIC, para que serven e onde e como se poden utilizar para conseguir obxectivos específicos.
As
competencias informacionais son o conxunto de coñecementos, habilidades, disposicións e conductas que capacitan aos individuos para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso axeitado de acordo co problema que se lles plantexa” (
Competencias informáticas e informacionales en los estudios de grado. Comisión Mixta CRUE-TIC y REBIUN, 2012 edición ampliada e revisada).
A Biblioteca oferta distintos curso para formar aos estudantes da Universidade de Vigo en ditas competencias, o que lles permitirá:
- Utilizar os recursos tecnolóxicos e de información dispoñibles na Universidade.
- Usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
- Desenvolver a capacidade de análise fronte a sobreabundancia da información.
- Ser autónomo dentro da investigación e avaliación dos recursos de información para os seus traballos académicos.
- Mellorar a súa capacidade de organización da información.
- Citar as fontes impresas e electrónicas usando o estilo de cita adecuado, facendo así un uso responsable, ético e legal da información.
- Empregar unha metodoloxía básica para a elaboración dos traballos académicos.