Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en Association for Computing Machinery (ACM)


Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo
A Biblioteca da Universidade de Vigo asinou un acordo con ACM para 2023-2025 que permite a lectura da colección de revistas de ACM, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas e nas revistas Gold OA da editorial.
  • Tipoloxía documental: artigo de investigación, artigo curto, artigo de revisión, artículo de enquisa, nota técnica, titorial, entrevista, nota
  • Tipoloxía de fonte: catálogo de revistas de ACM híbridas e Gold OA. Listaxe de títulos elixibles.
  • Cobertura temporal: a data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 1/1/2023 e o 31/12/2025
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC
  • Cobertura de número de artigos: Ilimitada
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY 4.0 ou CC-BY-NC-ND
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.

  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.

  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.

  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.

Compromisos das persoas beneficiarias
  • As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.

  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.

  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.

  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.

A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.

Instrucións para os/as autores/as
  • Unha vez que o seu traballo foi aceptado, se o corresponding author está correctamente identificado co correo-e da Universidade de Vigo, recibirá una mensaxe de ACM cun enlace ao formulario de eRights (plataforma para autores/as de ACM).
  • O/a autor/a debe comprobar o formulario para confirmar que os datos de edición do artigo son os correctos. Deber premer en Verificar e Continuar.
  • A continuación, accederá ao formulario de Dereitos, onde por defecto aparecerán os dereitos de acceso aberto cubertos polo acordo coa institución e a licenza CC-BY4.0. A licenza pódese cambiar pola CC-BY-NC-ND4.0. Premer en Continuar.
  • Aparecerá unha pantalla-resumo cos detalles dos permisos de publicación. Prema en Submit e recibirá unha mensaxe de confirmación por parte de ACM.
Instrucións para autoras/es
Outras ligazóns de interese