As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron un contrato coa editorial Elsevier que se extenderá ata o ano 2024 que permite a lectura da colección de revistas incluídas en ScienceDirect, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da Freedom Collection. Quedan excluidos do acordo de publicación os seguintes títulos: Lancet, Cell e Clinics.
Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.
O autor ou a autora de correspondencia (corresponding author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.
Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.
As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.
Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.
Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.
Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.
A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.