Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en Wiley
Logo Wiley
(Última actualización, maio 2023)
Nova de Wiley sobre cargos por páxina e cor (abril 2023)
Para facilitar o proceso de publicación, Wiley decidiu eliminar os cargos por páxina e cor de todas as revistas Gold e, no futuro, todas as novas revistas Gold, incluídas as revistas que pasen do modelo híbrido ao Gold, xa non incorrerán nos devanditos cargos.

Algunhas das revistas híbridas seguen aplicando estas taxas, pero a maioría delas renunciará aos gastos de páxina e cor unha vez que se pagou un APC. Esta exención aplícase no momento en que o artigo é aceptado para a súa publicación. Aconséllase aos autores/as que consulten as directrices de cada revista para familiarizarse coa política de tarifas por páxina e cor antes de enviar un manuscrito.
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC e a editorial Wiley, que da acceso á colección completa de revistas  e ofrece a posibilidade de publicar en acceso aberto en máis de 1300 revistas híbridas do seu catálogo sen ter que pagar os APC (Article Processing Charge). 
 

  • Tipoloxía documental: Artigos de investigación primaria, artigos de revisión.
  • Tipoloxía de fonte: 1.330 revistas híbridas (Hybrid Open Access) de Wiley (revistas baixo suscrición que aceptan a publicación de artigos en OA). Listaxe de revistas elixibles. Establécese tamén a publicación nas revistas Fully OA, incluíndo nesta modalidade as da editorial Hindawi. Listaxe revistas elixibles Fully OA e Hindawi
  • Cobertura temporal: Revistas híbridas cuxos manuscritos sexan aceptados a partir do 1 de xaneiro do 2023. Revistas Fully OA cuxos manuscritos teñen que ser enviados a partir do 1 de xaneiro de 2023.
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC 
  • Cobertura de número de artigos: Financiarase o importe da APC en revistas híbridas (hybrid OA) ata esgotar os fondos adxudicados á Universidade de Vigo. 
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY (preferiblemente), CC-BY-NC, CC-BY-NC-ND Máis información
Requisitos de financiamento
  • Ser o autor/a de correspondencia (corresponding author) do artigo.
  • Estar afiliado/a á Universidade de Vigo na data de aceptación do artigo.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico con algún dos dominios da universidade.
Compromisos das persoas beneficiarias
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para os APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.
  • Ó existir un número limitado de pagos dos APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata esgotar os fondos dispoñibles.
Instruccións para os autores/as
As instrucións para os autores/as varían dependendo de se publica en revistas híbridas ou revistas Fully OA: