CIRC elabora unha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas a partir dos produtos de avaliación existentes. CIRC clasifica as revistas en 5 categorías: Excelencia A+, grupo A, grupo B, grupo C e grupo D.
Dialnet Métricas ofrece un conxunto de indicadores baseados nas publicacións indexadas en Dialnet. O seu indicador de impacto permítelle ordenar as revistas e organizalas en cuartís dentro de cada ámbito temático. Este recurso foi incluido nos criterios de avaliación da CNEAI en 2019, no subcampo ciencias da educación.
Ranking Fecyt: clasificación ordenada de todas as revistas con selo de calidade Fecyt cuxo obxectivo é servir á ANECA e a outras axencias de avaliación como ferramenta para mellorar os sistemas de acreditación da calidade.
CARHUS Plus é un sistema de clasificación de revistas científicas de ciencias sociais e humanidades (locais, nacionais e internacionais) elaborado pola AGAUR coa finalidade de contribuír á avaliación da investigación que se realiza no sistema científico e universitario catalán. Analiza unhas 5.000 revistas, que clasifica en catro grupos: A, B, C e D.
MIAR elaborado pola Facultat de Biblioteconomia i Documentació da Universitat de Barcelona, é un sistema para medir cuantitativamente a visibilidade das publicacións periódicas en función da súa presenza en distintas bases de datos, clasificándoas segundo o indicador ICDS.
Google Scholar Metrics calcula o índice h de cinco anos das revistas incluídas en Google Scholar que publicaron como mínimo 100 artigos e recibiron algunha cita. Ofrece
rankings das 100 revistas con índice h5 máis elevado, por idioma de publicación.
Journal Scholar Metrics prorporciona indicadores do impacto das revistas de arte, humanidades e ciencias sociais a partir do reconto de citas que ofrece Google Scholar Metrics. Permite filtrar por categorías temáticas e/ou países de publicación.
REDIB (Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico) analiza as citas dos artigos indexados e elabora varios indicadores que permiten ordenar as revistas en función da puntuación obtida por cada unha. Ademais de ofrecer un
ranking xeral, permite limitar a consulta por áreas temáticas, materias dentro de cada área e países.
CAPES organismo brasileiro que ten entre as súas funcións o mantemento dos sistema WebQualis, que empregan para a avaliación da calidade das revistas científicas. Os niveis indicativos da calidade van dende A1, o máis elevado, A2, B1, B2, B3, B4, B5 ata C (con peso cero). Unha revista pode estar recollida nunha ou máis áreas, e ter unha clasificación diferente en cada unha.
Academic Journal Guide sistema de clasificación de revistas de economía e empresa elaborado pola Chartered Association of Business Schools do Reino Unido. Clasifica as revistas segundo a súa calidade editorial nun sistema de clasificación de 1 a 4 (de menor a maior calidade) empregando criterios como a revisión por pares, xuízos de expertos e información estatística relacionada coas citas. Para á súa consulta require rexistro previo.
|