Acceso Aberto ou Open Access é un movemento internacional que ten coma obxectivo que a produción científica e académica financiada con fondos públicos estea accesible a través de Internet sen ningún tipo de barreira económica ou legal.
Existen diferentes modelos de acceso aberto; por unha banda está a vía dourada na que se publica en revistas que ou ben poden estar financiadas por institucións, organismos etc., ou ben implicar un pago por coste de publicación do artigo (que asume o autor/a, a súa institución ou a axencia financiadora), e por outra banda a vía verde que consiste en depositar ou autoarquivar o traballo ou unha copia do manuscrito nun repositorio.
As revista en acceso aberto seguen os mesmos estándar de calidade que as revistas de publicación tradicional, e contan tamén con mecanismos de control como o "
peer review". Moitas delas están recollidas en bases de datos como Scopus ou Web of Science polo que teñen Factor de impacto e SJR; ademais, son plenamente aceptadas polas axencias de avaliación da actividade científica.