Localizador de recursos electrónicos
LOCALIZAR AS CITAS
             
Como localizar as citas recibidas
Un dos indicadores empregados na avaliación da actividade investigadora é o número de veces que os traballos dun/ha autor/a foron citados. Para localizar as citas recibidas podemos utilizar distintos recursos:

Bases de datos e buscadores multidisciplinares:
 Acceso restrinxido UVigo Web of Science / Acceso restrinxido UVigo Scopus / Dimensions / Google AcadémicoGoogle Scholar CitationGoogle Books

Bases de datos especializadas:
Acceso restrinxido UVigo SciFinderAcceso restrinxido UVigo Business Source Premier / Acceso restrinxido UVigo MathSciNet  / Acceso restrinxido UVigo PsycInfo / Acceso restrinxido UVigo LLBA

Portais de revistas e outras fontes:
ScienceDirect / Wiley
Como localizar citas na Web of Science
Accedemos á Acceso restrinxido UVigo Web of Science e seleccionamos a opción de "Búsqueda de referencia citada"



Introducimos os datos de:
  • Autor citado: buscando polas posibles variantes dos apelidos
  • Trabajo citado: é o título da revista ou publicación na que está incluído o documento que queremos consultar; se se trata dunha revista, é preferible empregar a opción "Ver lista de abreviaturas" para escoller a forma adecuada, senón por só o comezo dun termo representativo do título e truncar co *
  • Título citado: é o título do documento (artigo, capítulo, ponencia...)
  • Año(s) de cita: ano de publicación do traballo

  

Aparecen as diferentes referencias localizadas; seleccionamos as que correspondan ao traballo que estamos buscando e prememos en "Finalizar búsqueda"

  

Recuperamos os documentos que citan o noso traballo



  

Para máis información consultar:
Como localizar citas en Scopus
Accedemos a Scopus,introducimos o título do documento e seleccionamos a opción de buscar por "References"

  

Recuperamos os documentos que citan o noso, pero deberiamos premer no título para ver as referencias e comprobar que realmente hai unha cita ao noso traballo.

   
Se precisa asesoramento
A Biblioteca pode axudarlle na obtención de datos ou indicadores relativos á avaliación das publicacións científicas. Para contactar:
referencia@uvigo.es / 986813843