Localizador de recursos electrónicos
ACREDITACIÓN ANECA
                                           
                                                
Acreditación aos corpos docentes universitarios

A Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) ten entre as súas funcións a valoración dos CV dos solicitantes para o acceso ás figuras de profesorado universitario contratado (programa PEP) e de funcionarios/as docentes universitarios (Programa ACADEMIA).

O procedemento de acreditación dos corpos de funcionarios/as docentes universitarios (profesores/as titulares e catedráticos/as) está regulado pola Ley orgánica 2/2023 del Sistema Universitario e o Real Decreto 678/2023.

ANECA publicou os CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y REQUISITOS MÍNIMOS DE REFERENCIA DE LOS MÉRITOS Y COMPETENCIAS REQUERIDOS PARA OBTENER LA ACREDITACIÓN. O procedemento para a obtención da acreditación conforme ao RD 678/2023 entrará en vigor a partir do 1 de abril de 2024 (Procedimiento para la obtención de la acreditación estatal para el acceso a los cuerpos docentes universitarios). As persoas solicitantes con expedientes iniciados e non finalizados antes do 1 de abril de 2024 poderán desistir do procedemento e solicitar a partir desa data a avaliación conforme ás novas previsións (disposición transitoria primeira, número 2, do Real Decreto).

Categorías de méritos
Trátase dunha convocatoria permanente aberta, na que se avalían os seguintes méritos e competencias:
 
  • Actividade investigadora, de transferencia e intercambio de coñecemento
    Proxectos e contratos de investigación e de transferencia e intercambio do coñecemento; resultados e difusión da actividades investigadora e de transferencia e intercambio do coñecemento  e estancias en universidades e centros de investigación.  Só son obrigatorias os méritos referido á actividade investigadora.
  • Actividade docente
    Experiencia docente, calidade da actividade docente, innovación e tutorización . É obrigatorio acreditar a dedicación docente e a calidade da actividade docente para PTU e CU. Ademáis tamén é obrigatorio a tutorización docente para CU.
  • Liderado (só para acreditación a CU)
    Dirección de equipos docentes e investigación, teses e TFM, dirección e xestión universitaria e científica e recoñecemento e responsabilidade en organizacións científicas e comités científico-técnicos. Só será obrigatorio acreditar dirección de teses e traballos TFM. 

Os méritos que se aportan son considerados obrigatorios, complementarios, compensatorios ou específicos:

Méritos obligatorios:  corresponden a investigación e docencia, e inclúen:

a) Investigación

 - Un número mínimo de contribucións científicas en forma de artigos, libros, capítulos de libros ou resultados de produción científica, técnica ou artística publicados. 
 - As catro contribucións que o solicitante considere máis relevantes da súa traxectoria científica. 

b) Docencia
 - Un número mínimo de anos de experiencia docente, que varía en función do corpo para o que se solicita a acreditación. 
 - Unha valoración positiva da actividade docente, referendada por programas de calidade da docencia.

Méritos complementarios: téñense en conta para completar os méritos obrigatorios na actividade docente e investigadora cando estes non acadan o número e calidade das contribucións determinadas pola comisión de avaliación.

Méritos compensatorios: son os relativos aos méritos de transferencia de coñecemento, xestión e formación, que serven para compensar insuficiencias (cualificación C) na actividade docente e investigadora.

Méritos específicos (para catedrático/a): indicios significativos dunha traxectoria de liderado e recoñecemento externo á institución onde se presta servizo, tanto no relacionado coa actividade docente como investigadora. 
Cualificación dos méritos
Valóranse preferentemente os  méritos relativos á actividade investigadora e docente polo que é obrigatoria a  súa presentación, e os méritos correspondentes ás outras modalidades só serven para compensar insuficiencias non graves nestas.
A avaliación da lugar a unha cualificación alfabética:
A (excepcional)
B (bo)
C (compensable)
D ( insuficiente)
E (categoría especial para aquelas carreiras desenvoltas en ámbitos académicos e científicos cuxos parámetros non permitan a aplicación dos criterios propios do sistema académico español).   

Acádase unha resolución positiva para a acreditación cando se obtén polo menos algunha das combinacións de cualificacións que amosan as seguintes táboas:

       
  Táboa: acreditación catedrático/a


  Táboa: acreditación profesor/a titular 
Criterios de avaliación por áreas de coñecemento do programa Academia

Os criterios para a valoración da experiencia en xestión son comúns a todas as comisións,  os demais criterios axústanse en cada un dos corpos docentes e nos distintos campos, precisando cada comisión os aspectos cuantitativos e  cualitativos dos méritos que considera apropiados.
 
Criterios de avaliación de revistas
En moitos campos valóranse só as publicacións en revistas incluídas no Journal Citation Reports (JCR), e tense en conta a posición que a revista ocupa (cuartil, tercil, decil) na categoría correspondente tendo en conta o factor de impacto do ano de publicación (nalgúns casos tamén o inmediato cunha ventá de citación de 5 anos).

Nalgunhas áreas recóllense outros criterios como a posición que ocupa a revista en Scimago Journal Rank (SJR) ou o selo de calidade da FECYT. Tamén en certos campos tense en consideración o número e calidade das citas recibidas.

Nestas guías explícamos como localizar o factor de impacto e outros indicios de calidade dos artigos:
Criterios de avaliación de libros e capítulos de libros
Nalgúns campos téñense en conta os libros e capítulos de libros, indicando nestes casos os criterios para a súa valoración que varían segundo o campo, entre outros:
  • que estean publicados en editoriais internacionais de primeira liña
  • que a editorial ocupe unha determinada posición en Scholarly Publishers Indicators (SPI)
  • que estean publicados en editoriais especializadas e de prestixio na área de coñecemento
  • no caso de editoriais universitarias, que a colección conte con selo CEA (Calidad en Edición Académica), especificándose nalgúns casos que a publicación sexa posterior á concesión do selo e estea vixente.
Ás veces sinálase que se poderán ter en consideración outros indicios de calidade como, por exemplo, número e calidade das citas recibidas, recensións especializadas, etc.

Nestas guías explicamos como localizar outros indicios de calidade dos libros e as citas recibidas:
Criterios de avaliación de congresos e xornadas
En determinadas áreas téñense en consideración os traballos presentados en congresos ou xornadas, e indícanse os criterios para a súa valoración, entre outros:
  • congresos internacionais de recoñecido prestixio e que estean amparados por contratos de transferencia de tecnoloxía con empresas
  • congresos ous xornadas, internacionais ou nacionais, con indicios obxectivos de calidade (selección de propostas, internacionalización, periodicidade, editorial das actas etc.)
  • congresos de relevancia en función do carácter internacional, entidade convocante, composición do comité científico e de organización etc.
  • congresos con antigüidade e periodicidade recoñecida, así como índices de calidade na súa publicación posterior
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Guías relacionadas
Lexislación sobre acreditación ao corpos docentes universitarios