Localizador de recursos electrónicos
FACTOR DE IMPACTO
    
 Última actualización: marzo 2019
Que é o factor de impacto?
O factor de impacto é un indicador que se emprega para medir a importancia relativa dunha revista na súa categoría temática, tendo en conta a frecuencia coa que se citan por termo medio os seus artigos.

O Factor de impacto (Impact Factor), en sentido estrito, é o que proporciona Journal Citation Report (JCR). O factor de impacto dunha revista para un ano calcúlase dividindo o número de citas recibidas nese ano polos artigos publicados nos dous anos anteriores, entre o número de traballos publicados pola revista neses dous anos. O dato aproxímase á media de citas por traballo publicado:

Como localizar o factor de impacto en JCR?
Acceso restrinxido UVigo Journal Citation Report  (JCR) é o recurso máis valorado para a valoración do impacto das revistas. Elabórase a partir as coleccións Science Citation Index (SCI) e Social Science Citation Index (SSCI) da Web of Science (WoS). Conta cunha edición de ciencias (SCIE) e outra de ciencias sociais (SSCI), pero non existe edición para artes e humanidades.

Se queremos localizar o factor de impacto (IF) dunha revista en JCR, buscamos ese título ou ISSN no buscador xeral:


E entramos no perfil da revista:
Posición da revista na súa categoría e outras métricas en JCR
O factor de impacto obtido polas revistas permite clasificalas dentro de cada categoría temática. É interesante coñecer a posición que ocupa a revista dentro desa clasificación mediante tres datos relevantes: a posición con respecto ao total das revistas da categoría, o cuartil e o percentil. Todos estes datos atópanse no apartado “Rank” que localizamos se descendemos pola páxina do perfil da revista:





Ademais do factor de impacto, JCR proporciona máis información para cada revista: métricas como o índice de impacto de 5 anos (5-Year Impact Factor), Eigenfactor Score, Eigenfactor normalizado, contribucións á revista por país, por organización...
 
Busca de revistas por categoría en JCR
Acceso restrinxido UVigo Journal Citation Report (JCR) permite buscar revistas limitando esa busca por categoría temática, edición (SCIE ou SSCI), acceso aberto, cuartil, editor, país, rango de factor de impacto e rango de percentil. Deste xeito podemos localizar, por exemplo, as revistas do primeiro cuartil dunha categoría concreta:




Ademais, a FECYT dispón dunha ferramenta de análise interactivo do JCR que permite  realizar buscas por revista e temática das versións de Ciencias e Ciencias Sociais dende o ano 2002, así como os datos do factor de impacto e outras métricas.
Se a revista non está en JCR? SJR e Scopus Journal Metrics
Ademais de JCR, existen outros recursos que proporcionan índices de impacto, entre eles SJR e Journal Metrics.

SJR (Scimago Journal & Country Rank) obtén os datos de citas da base de datos Scopus.
Abrangue máis revistas que JCR, e ten unha edición conxunta para Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades. 
O índice SJR expresa o promedio de citas recibidas no ano seleccionado polos documentos publicados nesa revista nos tres anos anteriores. O valor das citas recibidas varía en función do campo temático, a calidade e a reputación da revista citante. Este índice recalcúlase cada ano para todos os anos anteriores, polo que pode variar para unha mesma revista e ano en función da data na que se obtivo o dato.
SJR proporciona ademais outros indicadores como índice H, cuartil, promedio de citas por documento, total de citas e autocitas, porcentaxe de colaboración internacional, etc.



Scpous proporciona distintas métricas das revistas que indiza, como CiteScore, SJR e SNIP. Coa opción Compare sources podemos atopar a información de anos anteriores: