Localizador de recursos electrónicos
INDICIOS DE CALIDADE DOS LIBROS

Última actualización: xaneiro de 2021

Indicios de calidade dos libros
A valoración dos libros e capítulos baséase habitualmente na calidade da editorial e na visibilidade e impacto da publicación:
 
  • prestixio da editorial e da colección
  • proceso de selección e avaliación do orixinal
  • presenza de ISBN
  • recensións en revistas científicas e outras fontes de información
  • traducións a outros idiomas
  • citas recibidas
Tamén cómpre ter en conta estes aspectos na escolla da editorial para publicar un traballo.
Recursos que proporcionan indicios de calidade dos libros e capítulos
Para localizar algúns destes indicios podemos consultar os seguintes recursos:

Número de citas recibidas:          
Web of Science / Scopus / Google Académico / Google Books / Dimensions / Lens / Dialnet

Recensións:           
Web of Science / Scopus / Google / Dialnet / Bases de datos da especialidade

Prestixio da editorial ou dos editores:
 
SPI Scholarly Publishers’ Indicators: inclúe un ranking de editoriais de libros de humanidades e ciencias sociais, baseado nunha enquisa realizada a expertos españois.

Master Book List de WOS: WOS indexa máis de 25000 libros de ciencias, ciencias sociais, arte e humanidades. Podes consultar aquí a relación de editoriais que foron seleccionadas para estar incluídas en Web of Science

Sello de calidade en edición académica CEA-APQ: selo promovido pola Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) e avalado pola ANECA e a FECYT. Este selo é recoñecido como indicio de calidade das publicacións para a avaliación dos méritos da actividade investigadora da ANECA. Convócase anualmente e ten unha validez de 3 anos. Consulta aquí a relación de editoriais que contan con este selo.

IE-CSIC (Índice de Editoriales CSIC): relación de editoriais categorizadas conforme a súa calidade para avaliar a produción científica dos investigadores e investigadoras do CSIC. Inclúe todas as editoriais nas que o seu persoal ten libros publicados, sempre que teñan carácter internacional. Nesta relación a cada editorial asígnaselle un valor (alto, medio, baixo) en función dunha serie de criterios de calidade

Bipublishers (Bibliometric Indicators for Publishers): é un proxecto desenvolvido polo grupo de investigación EC3 da Universidad de Granada. Proporciona indicadores de calidade para as editoriais incluídas no Book Citation Index de Web of Science, tendo en conta as publicacións entre os anos 2009 a 2013.

DOAB, Directory of Open Access Books: directorio de editoriais que publican monografías en acceso aberto, que esixe certos requisitos relacionados coa calidade das edicións (revisión por pares externa e independente, información a autores/as, consello editorial experto, etc.). O feito de que unha editorial estea incluída neste directorio ofrece garantías de calidade editorial. 
Editoriais dubidosas
Certas editoriais ofrecen os seus servizos tratando de obter réditos económicos da necesidade de publicar de investigadores e investigadoras, sen ofrecer unha calidade editorial minima. Pode consultar aquí unha relación de editoriais tanto de monografías como de revistas, que cando menos son dubidosas e requiren un estudo atento antes de decidirse a publicar con elas: Beall's list of Predatory Journals and Publishers

Máis información na guía Onde non publicar: editoriais e revistas fraudulentas
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Máis información