Eigenfactor score é un indicador bibliométrico que se aplica ás revistas incluídas en Journal Citation Reports (JCR). É similar ao factor de impacto de JCR (
Journal Impact factor, JIF), pero calcúlase a partir do número de citas que reciben nun ano os artigos publicados nesa revista durante os cinco anos anteriores. Ademais, elimina dese cálculo as autocitas (isto é, as citas aos artigos publicados na mesma revista) e outorga máis peso ás citas procedentes de revistas máis influíntes, en función do Eigenfactor desas revistas citantes.
Non ten en conta o número de artigos publicados cada ano pola revista, de tal xeito que, cantos máis artigos publique unha revista, máis alto será o seu Eigenfactor.
Normalized Eigenfactor é o indicador Eigenfactor calculado en función do número total de revistas incluídas en JCR cada ano. O Eigenfactor medio de todas as revistas é 1, e así as revistas poden ser comparadas entre elas. Así, que unha revista acade un Normalized Eigenfactor de 5, indica que a súa influencia é 5 veces superior á media das revistas ese ano.
Article influence score é un indicador que se aplica ás revistas e que normaliza o Eigenfactor score en función do tamaño da revista. Isto é, ten en conta o número de artigos publicados na revista neses 5 anos.
Calcúlase multiplicando o Eigenfactor Score por 0.01 e dinvidindo o resultado entre o número de artigos publicados na revista. Indica a influencia media de cada artigo dunha revista nos cinco anos posteriores á súa publicación. Cando o Article influence score é superior a 1, indica que os artigos desa revista teñen unha influencia superior á media.
Estes tres indicadores están incluídos
nos perfís das revistas de JCR, no apartado Additional metrics: