Localizador de recursos electrónicos
SEXENIOS CNEAI
 
 Última actualización: xaneiro 2024
 
Recoñecemento de sexenios

A CNEAI, integrada en ANECA (Ley 15/2014 e Real Decreto 1112/2015), realiza a avaliación da actividade investigadora do profesorado universitario co obxectivo de recoñecerlle os sexenios como complemento de produtividade.

A solicitude de avaliación (por períodos de seis anos) é voluntaria; a súa finalidade é fomentar o traballo investigador do profesorado universitario.
A persoa interesada debe presentar cinco aportacións principais e dúas sustitutorias opcionáis, as que considere máis relevantes do período de seis anos sometido a avaliación; excepcionalmente o número de aportacións poderá ser inferior se os traballos teñen unha relevancia extraordinaria e unha alta repercusión científica ou social. As aportacións que se presenten a un sexenio de investigación non se poderán presentar a unha próxima convocatoria.
 

Todas as aportacións deberán estar publicadas ou rexistradas nos anos que se corresponden á avaliación ou no caso das revistas científicas, unha vez aceptadas ou publicadas en sistemas de publicación continua (forthcoming, online first, in press, etc.) aínda que non teñan asignada paxinación definitiva nin estean publicadas en papel, coa obriga de presentar un identificador persistente (DOI, Handle, etc.)

Criterios de avaliación da CNEAI
Só se consideran as aportacións que supoñen un progreso real do coñecemento;  aplicaranse criterios e metodoloxías de avaliación cualitativas e cuantitativas tomando como referencia a narrativa aportada pola persoa solicitante dos indicios de relevancia e impacto de cada unha das aportacións.

Aportacións en español e outras linguas cooficiais deben ser promovidas e non poderán considerarse un demérito; requerirase o depósito en repositorios  de acceso aberto dos resultados de investigación que se sometan a evaluación; deberase acreditar a participación activa nos traballos, en caso de multiautoría deberase facer seguindo a taxonomía CrediT ; estableceranse criterios específicos  de cada comité para a reiterada publicación nas mesmas revistas ou editoriais ou as asociadas co organismo no que a persoa realice a súa investigación. 


Valoración das aportacións:
  • Artigos: valorarase os publicados en revistas de calidade contrastada ou indexada en bases de datos bibiográficas, editoriais de recoñecido prestixio ou as que recibisen  un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • Libros e capítulos de libros: valorarase o prestixio da editorial, dos editores, da colección na que se publica a obra ou se esta obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio e as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • Outros tipos de aportacións: estableceranse de forma específica en cada un dos campos a tratar.
Criterios de avaliación específicos para cada campo

CNEAI concreta en cada convocatoria os criterios de avaliación específicos por campos científicos referentes á autoría, tipo de aportacións que se poden presentar, fontes que se empregan para valorar as publicacións etc.

A aplicación destes criterios depende dos comités avaliadores, xa que a súa aplicación se modula en función das características de cada aportación así como das circunstancias de cada disciplina:
    0. Interdisciplinares e multidisciplinar
    1. Matemáticas e física
    2. Química
    3. Bioloxía celular e molecular
    4. Ciencias biomédicas
    5. Ciencias da natureza
    6. Enxeñarías e arquitectura
         6.1. Tecnoloxías mecánicas e da produción
         6.2. Enxeñarías da comunicación, computación e electrónica
         6.3. Arquitectura, enxeñaría civil, construción e urbanismo
    7. Ciencias sociais, do comportamento e da educación
         7.1. Ciencias sociais e estudos de xénero
         7.2. Ciencias do comportamento e da educación
    8. Ciencias económicas e empresariais
    9. Dereito e xurisprudencia
    10. Historia e artes
    11. Filosofía, filoloxía e lingüística

Accede aquí aos baremos específicos para cada campo
Composición dos Comités Asesores
Os comités asesores para a convocatoria de 2023 son os que figuran na Resolución de 18 de diciembre de 2023, da Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación.