Localizador de recursos electrónicos
Publicar en acceso aberto en Springer
Última actualización: marzo de 2024
Características do acordo

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron un contrato coa editorial Springer Nature que se estenderá ata o ano 2024 que permite a lectura da colección de revistas incluídas en Springer Nature, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas do catálogo de Springer-Adis. Quedan excluídos do acordo as publicacións de Nature Journals, Academic Journals e Palgrave.
 

  • Tipoloxía documental: artigos de investigación (Original Paper)
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas (Hybrid OA) de Springer&ADIS. Listaxe de títulos elixibles.
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo: ata o 31/12/2024
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC
  • Cobertura de número de artigos: 42 APC en 2024
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY, CC-BY-NC
Requisitos de financiamento
  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.

  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding  author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.

  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.

  • As publicacións levarán un texto de agradecemento mencionando a universidade e/ou CISUG ou CRUE-CISUG, segundo corresponda.

Compromisos das persoas beneficiarias
As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.
Outras disposicións
  • Non se establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.

  • No caso de existir limitación nos pagos das APC, o criterio último de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles.

  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.

  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.

A Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlle a aceptación ou denegación do cargo da APC.

Instrucións para as/os autoras/es
Envío do manuscrito á editorial.

a) Unha vez que o seu traballo foi aceptado, se o corresponding author está correctamente identificado, recibirá un correo electrónico de SpringerNature con instrucións para completar o acordo de publicación.

b) Unha vez identificado o autor ou autora, debe buscar e seleccionar a Universidade de Vigo dentro do despregable para que a identificación funcione. Aparecerá unha xanela emerxente con información sobre o acordo transformativo, tipo de artigo elixible e tipos de licenza.

c) A biblioteca procederá a autorizar ou denegar o pago da APC, en caso de non cumprir con algún dos requisitos, o que se lle comunicará por correo electrónica.

d) Unha vez aceptado o pago da APC, o/a autor/a debe elixir o tipo de publicación: OA ou baixo subscrición. Debe elixir tamén o acordo de publicación correcto e seleccionar e firmar a licenza.
 
Outras ligazóns de interese