Journal Citation Report (JCR) é o recurso máis valorado na avaliación do impacto das revistas. Elabórase a partir das bases de datos Science Citation Index (SCI), Social Sciences Citation Index (SSCI), Arts and Humanities Citations Index (A&HCI) e Emerging Sources Citation Index (ESCI), da Web of Science (WoS). Proporciona o factor de impacto (JIF) e a posición das revistas (cuartil e percentil) en función dese indicador para as revistas indexadas en SCI e SSCI, A&HCI e ESCI. Para todas as revistas proporciona outro indicador (Journal Citation Indicator, JCI), que tamén permite ordenar as revistas dentro de cada categoría e coñecer o cuartil e o percentil no que se sitúa unha revista nesa relación.
Dialnet Métricas ofrece un conxunto de indicadores baseados nas publicacións indexadas en Dialnet. O seu indicador de impacto permítelle ordenar as revistas e organizalas en cuartís dentro de cada ámbito temático. Este recurso foi incluido nos criterios de avaliación da CNEAI en 2019, no subcampo ciencias da educación.
Ranking Fecyt: clasificación ordenada de todas as revistas con selo de calidade Fecyt cuxo obxectivo é servir á ANECA e a outras axencias de avaliación como ferramenta para mellorar os sistemas de acreditación da calidade.

Google Scholar Metrics calcula o índice h de cinco anos das revistas incluídas en Google Scholar que publicaron como mínimo 100 artigos e recibiron algunha cita. Ofrece rankings das 100 revistas con índice h5 máis elevado, por idioma de publicación.
Journal Scholar Metrics prorporciona indicadores do impacto das revistas de arte, humanidades e ciencias sociais a partir do reconto de citas que ofrece Google Scholar Metrics. Permite filtrar por categorías temáticas e/ou países de publicación.

Academic Journal Guide sistema de clasificación de revistas de economía e empresa elaborado pola Chartered Association of Business Schools do Reino Unido. Clasifica as revistas segundo a súa calidade editorial nun sistema de clasificación de 1 a 4 (de menor a maior calidade) empregando criterios como a revisión por pares, xuízos de expertos e información estatística relacionada coas citas. Para á súa consulta require rexistro previo.
|
Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843
Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996
Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158