O acceso aberto forma parte do que se denomina
Ciencia aberta (Open Science), un concepto que fai referencia á apertura das publicacións, dos datos de investigación, das metodoloxías, dos procesos de avaliación nunha contorna de investigación e innovación máis transparente de cara á cidadanía.
Publicar en revistas e editoriais en acceso aberto:
- facilita a lectura inmediata e gratuíta das publicacións
- permite a difusión e reutilización dos artigos, respectando a súa licenza, que identifica que usos están permitidos
- non diminúe a calidade dos contidos; moitas editoriais de prestixio e revistas de impacto incluídas en JCR e SJR publican en aceso aberto
Cando publicas en acceso aberto compartes os resultados da túa investigación de xeito inmediato e axudas a romper as barreiras económicas que dificultan o acceso á información.