O WOS ResearcherID é un identificador alfanumérico que vincula as publicacións dun/ha autor/a en todos os productos de Web of Science (Web of Science, Publons, Incites) . Este número asegura unha identificación inequívoca dunha persoa e dos seus traballos e pode usarse tamén como elemento de busca en WOS.
Se é un usuario novo en Publons, comprobe que non ten ningún ResearcherID asignado. O número ResearcherID aparece, se o ten, na parte superior dereita no seu perfil de Publons. Se este número non aparece, pódeo obter de dúas formas:
- Se non ten ningunha publicacion indexada en WOS, acceda ao seu rexistro de Publons e despois prema neste enlace para xenerar automáticamente un número ResearcherID.
- Se ten algunha publicación indexada en WOS, ten que engadir ao seu perfil en Publons alomenos unha delas sen saír de Publons:
-Acceda a Publons e despois prema en Publications. A continuación importe súas publicacións da Web of Science
Despois de incorporar algunha publicación desde WOS ao perfil de Publons, no prazo dun día, recibirá un correo electrónico do equipo de Publons avisando que xa ten creado o seu ResearcherID. Este número aparecerá na parte superior dereita do seu perfil en Publons: