ResearcherID é un sistema de identificación de investigadores/as vinculado a Web of Science (WOS) que permite agrupar as variantes do nome baixo un único código persoal. Isto permite localizar todas as publicacións dunha mesma persoa de xeito unificado aínda que as teña asinado con formas diferentes do seu nome.
As publicacións vinculadas a un
ResearcherID xestiónanse a través de
Publons, outro servizo da empresa Clarivate Analytics á que tamén pertence WOS.
Ademais de xestionar o ResearcherID e facilitar a agrupación das publicacións en WOS, Publons permite crear un perfil de autor/a, editor/a e revisor/a para dar visibilidade a cada unha destas facetas do traballo de investigación.
Xestionar o ResearcherID é tarefa de cada autor/a. Se mantén actualizado o seu perfil de Publons, conseguirá que todas as súas publicacións estean correctamente identificadas en WOS.
A
base de datos de produción científica da Universidade de Vigo, SUXI, actualízase automaticamente desde Web of Science sempre que as publicacións do seu persoal estean identificadas alí co seu ResearcherID. Isto evítalle ao persoal investigador da Universidade de Vigo teña ter que introducir manualmente en SUXI estas publicacións.
Ofrecemos máis información sobre a xestión do ResearcherID na nosa
guía sobre Publons e na guía
Actualización automática de SUXI desde WOS.