ORCID (Open Researcher and Contribution ID) é unha organización internacional sen ánimo de lucro que proporciona un identificador dixital único e persistente. O seu obxectivo é solucionar o problema da duplicidade e ambigüidade dos nomes dos investigadores/as, cun número de identificación persoal único e un perfil investigador onde agrupar e identificar toda a produción científica.
O identificador ORCID pódese incluír na páxina web do investigador/a, ao presentar publicacións (de feito, comeza a ser un requisito para publicar nas editoriais máis importantes) etc.
ORCID é un sistema independente de calquera editorial, polo que se pode conectar con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Scopus Auhtor Identifier, RePEc...
Consulte a nosa guía sobre
ORCID