Localizador de recursos electrónicos
Publons
(Última actualización: abril de 2019)
Que é Publons?
Publons, é un servizo web gratuíto de rexistro, verificación e recoñecemento de actividades académicas relacionadas coa revisión por pares e a edición de publicacións científicas.

Está vinculado á Web of Science e permite crear un perfil de autor onde reunir as publicacións como autor, editor e revisor xunto coas métricas de impacto relacionadas.
 


Aviso importante Desde Clarivate (empresa propietaria de Web of Science) infórmannos de que a partir do 15 de abril ResearcherID integrarase en Publons, e todos os perfís públicos contidos en www.researcherid.com  pasarán a formar parte de Publons.
 

  • Se vostede ten un perfil en Publons e un perfil público en ResarcherID, as contas de ResearcherID e Publons fusionaranse automaticamente e non terá que executar ningunha acción para levar a cabo a fusión.

  • Se vostede ten un ResearcherID privado, dende o 12 de abril xa non será accesible e as publicacións gardadas quedarán arquivadas en EndNote.

  • Se vostede ten un ResearcherID privado e desexa que se traslade a Publons, cambie a súa configuración de privacidade a “público” antes do 11 de abril e trasladarase automáticamente.       

Como acceder a Publons
Podemos acceder desde https://publons.com/ ou dende a Web of Science:



 
Como engadir publicacións a Publons
Publons permite engadir publicacións:
 
  • Importándoas directamente dende Web of Science.
  • Importándoas dende o perfil de ORCID
  • Dende un verificador (título, DOI...)
  • Dende un xestor de referencias (Refworks, Endnote...)
  • Dende arquivos RIS, CSV, BibTex

O perfil
Publons amosa o perfil completo e verificado que inclúe as publicacións, métricas de citas, índice H, revisións, traballos de edición, filiacións... así como gráficos do impacto das publicacións.

Desde un mesmo perfil, Publons permite reunir as publicacións como autor, revisor ou editor de revista, dando valor e visibilidade a cada unha destas facetas. A posibilidade de usar Publons como revisor ou editor é opcional. Ademais, nas preferencias de Publons pódese escoller que as revisións sexan privadas e que as revistas non vinculen as súas revisións co seu perfil.




Tamén permite a descarga en PDF dun informe co resumo do perfil, que poderá utilizarse para promocións ou discusións profesionais.
Se precisa asesoramento
Se precisa máis información ou asesoramento sobre este tema contacte con:
           referencia@uvigo.es / 986813843