Localizador de recursos electrónicos
INDICIOS DE CALIDADE DOS LIBROS

Última actualización, decembro de 2019

Indicios de calidade dos libros
Para ser valorados, os libros e capítulos de libros deben cumprir unha serie de requisitos (distintos segundo as convocatorias e as disciplinas), como:
  • Prestixio da editorial, editores, colección na que se publica
  • Pasar un rigoroso proceso de selección e avaliación
  • Ter ISBN
  • Recensións en revistas científicas
  • Traducións a outros idiomas
  • Citas recibidas
Estes indicios de calidade débense ter en conta tamén na escolla da editorial na que podemos publicar un traballo.

Para localizar algúns destes indicios temos, entre outros, os seguintes recursos:
 
  • Número de citas recibidas:
          Web of Science / Scopus / Google Académico / Google Books / Dimensions
 
  • Recensión en revistas científicas:
           Web of Science / Scopus / Google / Dialnet / Bases de datos da especialidade
 
  • Rigoroso proceso de selección e avaliación:
      Documentación da propia editorial
     
  • Prestixio da editorial ou dos editores:
     
 SPI Scholarly Publishers’ Indicators: inclúe un ranking de editoriais de libros de Humanidades e  Ciencias Sociais, baseado nunha enquisa a expertos españois.

 Book Citation Index: recolle máis de 25000 libros de Ciencias, Ciencias Sociais, Arte e Humanidades. Podes consultar aquí a relación de editoriais incluídas en Book Citation Index. Ademais, temos acceso ao seu contido dende a Web of Science.

Sello de calidade en edición académica CEA-APQ: selo promovido pola Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) e avalado pola ANECA e a FECYT é recoñecido como indicio de calidade das publicacións para a avaliación dos méritos da actividade investigadora nos criterios 2017 de avaliación de ANECA para o programa ACADEMIA e nos criterios de avaliación da CNEAI (convocatorias 2017 e 2018). Convócase anualmente e ten unha validez de 3 anos. Coleccións co selo CEA-APQ (1ª convocatoria 2017). Coleccións co selo CEA-APQ (2ª convocatoria 2018).

IE-CSIC (Índice de Editoriales CSIC): lista de editoriais categorizadas conforme á súa calidade para avaliar a produción científica dos  investigadores do CSCI. Inclúe todas as disciplinas nas que se investiga no CSIC e todas as editoriais nas que os seus investigadores publican libros, que teñan carácter internacional e mostren os nomes das editoriais homologados. A cada editorial asignóuselle un valor (alto, medio, baixo).

Bipublishers (Bibliometric Indicators for Publishers): o principal obxectivo deste proxecto desenvolvido  polo Grupo de Investigación EC3 da Universidad de Granada  é crear indicadores para a análise do rendemento da investigación de monografías  e editoriais académicas e científicas incluídas no Book Citation Index.

Publishers Scholar Metrics: ranking das principais editoriais nas que publican investigadores/as das universidades españolas, en función da súa actividade e das citas que acadan os seus títulos en Google Académico, elaborado or EC3 Metrics.

DOAB, Directory of Open Access Books: directorio de editoriais que publican monografías en acceso aberto, que esixe certos requisitos relacionados coa calidade das edicións (revisión por pares externa e independente, información a autores/as, consello editorial experto, etc.). O feito de que unha editorial estea incluída neste directorio ofrece garantías de calidade editorial. 



 
Editoriais dubidosas
Certas editoriais ofrecen os seus servizos tratando de obter réditos económicos da necesidade de publicar de investigadores e investigadoras, sen ofrecer unha calidade editorial minima.

Pode consultar aquí unha relación de editoriais tanto de monografías como de revistas, que cando menos son dubidosas e requiren un estudo atento antes de decidirse a publicar con elas: Beall's list of Predatory Journals and Publishers
Se precisa asesoramento
A Biblioteca pode axudarlle na obtención de datos ou indicadores relativos á avaliación das publicacións científicas. Para contactar:
referencia@uvigo.es / 986813843
Máis información