Business Source Premier
Ofrece acceso ao texto completo ou a referencia de artigos de revista e outros documentos de diversa tipoloxía recompilados en bases de datos especializadas en economía e empresa. Tamén inclúe informes de citas, informes económicos de empresas, buscador de imaxes e índices bibliográficos.
Dialnet PlusNota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Portal que ten como finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Recompila artigos de revista, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Tamén ofrece servizo de alertas bibliográficas, hemeroteca virtual e repositorio Open Access.
EconBiz:
Portal web que ofrece un motor de busca con bases de datos alemanas e internacionais de economía e empresa. Inclúe calendario de eventos.
Emerald
Colección de revistas electrónicas especializadas en economía e empresa.
Esade Knowledge
Portal de acceso ás investigacións da ESADE e doutros centros de excelencia.
Repec
Proxecto colaborativo internacional para a difusión da investigación no ámbito da economía e da empresa. Subdivídese en varias bases de datos: IDEAS (toda a base de datos de RePEc: documentos de traballo, artigos de revista, software, información dos autores e un directorio de institucións), CitEc: Citations in Economics (análise das citas dos documentos recollidos en RePEc), RePEc Biblio (selección dos artigos e documentos máis importantes)...
Scopus
Preséntase como a maior base de datos de resumos e citas da literatura científica revisada por pares: revistas científicas, libros e actas de congresos. Conta con ferramentas intelixentes para buscar, analizar e visualizar a información.
Web of Science
É unha plataforma de investigación que ofrece un acceso integrado á información da produción científica de calidade. Ademáis da base de datos, incorpora outros servizos como
InCites (analiza e compara a productividade institucional),
Essential Science Indicators (permite coñecer as tendencias e os sectores punteiros na investigación e os documentos de maior impacto),
Journal Citation Report (
factor de impacto) e
Research ID (
perfil investigador unificado).