
Business Source Premier
Ofrece acceso á referencia e ao texto completo, na maioría dos casos, de artigos de revista e outros documentos. Tamén inclúe citas e informes económicos de empresas.

CSIC-ISOC
Base de datos que recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e, de forma selectiva, actas de congresos, series, compilacións e monografías dende 1975 á actualidade.
Dialnet Plus
Portal que ten como finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Recompila artigos de revista, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Tamén ofrece servizo de alertas bibliográficas, hemeroteca virtual e repositorio Open Access.
EconBiz
Portal web que ofrece un motor de busca con bases de datos alemanas e internacionais de economía e empresa. Inclúe calendario de eventos
Repec
Proxecto colaborativo internacional para a difusión da investigación no ámbito da economía e da empresa. Subdivídese en varias bases de datos: IDEAS (toda a base de datos de RePEc: documentos de traballo, artigos de revista, software, información dos autores e un directorio de institucións), CitEc: Citations in Economics (análise das citas dos documentos recollidos en RePEc), RePEc Biblio (selección dos artigos e documentos máis importantes)...
Scopus
Preséntase como a maior base de datos de resumos e citas da literatura científica revisada por pares: revistas científicas, libros e actas de congresos. Conta con ferramentas intelixentes para buscar, analizar e visualizar a información.

Web of Science
É unha plataforma de investigación que ofrece un acceso integrado á información da produción científica de calidade. Ademais da base de datos, incorpora outros servizos como
InCites (analiza e compara a productividade institucional),
Essential Science Indicators (permite coñecer as tendencias e os sectores punteiros na investigación e os documentos de maior impacto),
Journal Citation Report (
factor de impacto) e
Research ID (
perfil investigador unificado).