Localizador de recursos electrónicos
CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMINISTRACIÓN

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Ciencias Políticas e da Administración. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Todos os recursos

Bases de datos bibliográficas

Acceso restrinxido UVigo Business Source Premier
  • Ámbito temático: Ciencias Económicas e Empresariais, que inclúen Márketing, Xestión, Contabilidade, Finanzas, etc
  • Contido: Texto completo de máis de 2.300 revistas, incluíndo o texto completo de máis de 1.100 publicacións comerciais revisadas por pares. Ofrece textos completos desde 1886 e referencias citadas nas que se poden facer buscas desde 1998. Contén textos completos das principais revistas de xestión e mercadotecnia, incluíndo Harvard Business Review, California Management Review, Administrative Science Quarterly, Academy of Management Journal, Academy of Management Review, Industrial & Labor Relations Review, Journal of Management Studies, Marketing. Revista de xestión, Revista de investigación de mercados (JMR), Revista de mercadotecnia, Revista de mercadotecnia internacional, etc. A base de datos tamén inclúe outras fontes de información de texto completo, como informes económicos nacionais de EIU, Global Insight, ICON Group e CountryWatch, e perfís detallados das 10.000 empresas máis grandes do mundo. Actualízase diariamente
  • Produtor: Ebsco
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo CSIC-ISOC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías. Cobertura: dende 1975 á actualidade.
Acceso restrinxido UVigo Dialnet Plus
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
  • Produtor: Fundación Dialnet.

Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Acceso restrinxido UVigo Regional Business News
  • Ámbito temático : Ciencias económicas e empresariais
  • Contido: Base de datos que se actualiza diariamente e que recolle bibliografía, texto completo en HTML e estatísticas de noticias de negocios de todo o mundo, aínda que predominan as do mundo anglosaxón e mais concretamente de Estados Unidos e Canadá. Algunha das fontes das que se nutre son: A&G Information, Africa News Service, Inter Press Service, Resource News International, South American Business, M2 Communications, PR Newswire, Business News Wire, Canadian Corporate News, News Bytes, News Network y Phillips Business Information Highlights
  • Produtor: EBSCO
  • Lingua de consulta: Inglés
  • Como acceder 

Acceso restrinxido UVigo Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe

Revistas electrónicas (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo CAIRN.INFO
  • Ámbito temático: Ciencias humanas e sociais
  • Contido: Colección de revistas e ebooks das principais editoriais francesas, belgas e suízas 
  • Produtor: CAIRN.INFO
  • Cobertura temporal: dende o primero número
  • Lingua de consulta: francés e inglés

Acceso restrinxido UVigo Emerald
  • Ámbito temático: Economía, Empresa, Enxeñaría
  • Contido: acceso a unha colección de libros e a máis de 300 revistas sobre distintas disciplinas, dende a xestión ou as finanzas ata a crimonoloxía ou os Social Media
  • Produtor: Emerald Group Publishing Limited
  • Cobertura temporal: dende o primeiro número e con acceso aos arquivos.
  • Lingua de consulta: inglés

Nota: Libros no catálogo da Biblioteca Uvigo
 
Recurso Open Access HighWire
  • Ámbito temático: Ciencias Biolóxicas, Ciencias Médicas, Ciencias Sociais, Ciencias Físicas.
  • Contido: división de Stanford University Libraries, que produce versións en liña de revistas científicas e académicas de calidade contrastada e elevado factor de impacto.
  • Produtor: HighWire Press
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación (pode ter embargo dos últimos anos)
  • Lingua de consulta: inglés

Nota: Parece que xa non ofrece acceso libre a revistas
Acceso restrinxido UVigo JSTOR Archival Journal and Primary Source Collection
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: acceso a máis de 12 millóns de artigos de revistas, libros, imaxes e fontes primarias en 75 disciplinas.
  • Produtor: JSTOR (ITHAKA)
  • Cobertura temporal: dende os primeiros anos da publicación, con embargo dos anos recentes
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Project MUSE
  • Ámbito temático: Educación, Historia, Lingua e Literatura, Socioloxía
  • Contido: revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais
  • Cobertura: ata o ano 2019 incluído (data de finalización da suscrición)
  • Produtor: Project MUSE
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía de busca en pdf (inglés) e titoriais (inglés)

Nota: Suscrición cancelada. Pódense consultar as coleccións de revistas ata o ano 2019 nun ordenador da Sección de Soporte á Aprendizaxe da Biblioteca Central de Vigo.
Acceso restrinxido UVigo Proview (Aranzadi)
  • Ámbito temático: Dereito, Administración
  • Contido: aplicación que permite a consulta dunha colección de revistas e monografías das editoriais xurídicas de Aranzadi, Civitas e Lex Nova, principalmente sobre Dereito, a través de ProView, a aplicación do grupo Thomson Reuters para a consulta de libros electrónicos desde tableta ou computador.
  • Produtor: Thomson Reuters
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación
  • Lingua de consulta: español
  • Guia global do usuario

Acceso restrinxido UVigo ProView (Aranzadi) Revistas
  • Ámbito temático: Dereito, Administración
  • Contido: aplicación que permite a consulta de revistas-e subscritas pola Biblioteca da Universidade de Vigo das editoriais Aranzadi, Lex Nova e Civitas. Tamén da acceso a códigos e monografías das mesmas editoriais.
  • Produtor: Thomson Reuters
  • Cobertura temporal: desde 2019
  • Lingua de consulta: español

Acceso restrinxido UVigo SAGE Journals
  • Ámbito temático: Economía, Educación, Informática, Medicina, Psicoloxía, Socioloxía.
  • Contido: máis de 600 revistas de Empresas, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Produtor: SAGE Publications
  • Cobertura temporal: acceso dende 1999
  • Lingua de consulta: inglés

Libros electrónicos (coleccións)

Recurso Open Access DOAB
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: Libros académicos de acceso libre, principalmente na área de Humanidades e Ciencias Sociais

Acceso restrinxido UVigo Recurso Open Access EbscoHost eBooks
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
  • Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)

Recurso Open Access OAPEN
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais

Acceso restrinxido UVigo Proview (Aranzadi) Libros
  • Ámbito temático: Dereito, administración.
  • Contido: 65 monografías das editoriais Aranzadi e Civitas e 21 suplementos monográficos das revistas-e subscritas pola Universidade de Vigo das editoriais Aranzadi, Lex Nova e Civitas. 
  • Produtor: Editorial Thomson Reuters (Aranzadi)

Portais temáticos

Acceso restrinxido UVigo Legalteca
  • Ámbito temático: Dereito, Administración, Economía, Empresa
  • Contido: aplicación para acceder aos contidos das publicacións de Wolters Kluwer subscritas pola biblioteca: revistas, monografías e códigos.
  • Produtor: Wolters Kluwer
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación.
  • Lingua de consulta: español
  • Máis guías e/ou titoriais en: ¿Qué es Smarteca?
      

 

Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825  prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192  presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002  presbcp@uvigo.es

ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas

             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access