Aranzadi
Base de datos que inclúe lexislación e xurisprudencia estatal, autonómica e europea, doutrina administrativa, proxectos de lei, novas, bibliografía, formularios e dicionario. Ofrece tamén a posibilidade de buscar información especializada sobre dereito fiscal, social e administración local.
La Ley Digital 360
Base de datos que contén lexislación e xurisprudencia internacional, europea, estatal e autonómica, formularios, convenios colectivos, etc. Tamén da acceso ao texto completo das revistas da editorial Wolters Kluwer subscritas pola biblioteca, ao Diario la Ley e a Biblioteca básica Bosch.
Para acceder solicite contrasinais en: Biblioteca Central Vigo, Tel.: 986 813 825, prescen@uvigo.es
Tirant Prime
Portal de dereito que inclúe lexislación e xurisprudencia estatal e autonómica, formularios, esquemas, expedientes...
Biblioteca Virtual Tirant Lo BlanchNota:
Plataforma dixital desde a que se pode acceder en formato electrónico a todos os libros publicados pola editorial Tirant Lo Blanch.
QMemento Fiscal (Quantor Fiscal)
Base de datos cuxo eixo principal son os mementos, solucións prácticas fundamentadas con comentarios de expertos. Ademais recolle xurisprudencia, doutrina administrativa, lexislación, formularios, modelos, exemplos, novidades e acceso á
Revista de Jurisprudencia.
HeinOnline
Base de datos que ofrece acceso ao texto completo dunha gran cantidade de revistas de dereito, obras clásicas, publicacións legais das Nacións Unidas e constitucións do mundo. Lingua de consulta: inglés