1. Como podo acceder aos recursos electrónicos dende a miña casa?
Para poder consultar os recursos electrónicos subscritos pola biblioteca dende fóra da Universidade hai que empregar o proxy. Consulta a guía
"Conectarse por medio dun proxy" elaborada polos Servizos informáticos.
Lembra que co proxy terás que empregar a túa
conta de correo electrónico da Universidade de Vigo; se non sabes como activala consulta este
titorial.
Alternativamente, algúns recursos electrónicos permiten o
acceso mediante o SIR que permite o acceso sen necesidade de utilizar o proxy.
Consulta nesta guía como acceder aos recursos nos que está habilitado este sistema.