Localizador de recursos electrónicos
PERFIL INVESTIGADOR
                       
¿Para que serve un perfil investigador?
A creación dun perfil investigador permite unificar e xestionar a identidade profesional:
  • Evita a ambigüidade e duplicidade dos nomes
  • Facilita a recompilación da produción científica
  • Aumenta a visibilidade
¿Que perfís investigadores existen?
Existen varios perfís investigadores, pero os máis coñecidos e empregados son:
 
¿Que é ORCID?
ORCID (Open Researcher and Contribution ID)  é unha organización internacional sen ánimo de lucro que proporciona un identificador dixital único e persistente para investigadores e académicos. Este identificador,  que pretende solucionar o problema da duplicidade e ambigüidade dos nomes dos investigadores/as, permite ter un perfil investigador en ORCID e agrupar a produción científica dun autor/a.

O identificador ORCID pódese incluír na páxina web do investigador/a, ao presentar publicacións (de feito, comeza a ser un requisito para publicar nas editoriais máis importantes) etc.
ORCID é un sistema independente de calquera editorial, polo que se pode conectar con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Scopus Auhtor Identifier, RePEc...

 

 

Para máis información consultar a guía sobre ORCID
Que é Scopus Author ID
Scopus Author ID é o sistema de identificación de autores de Scopus, e créase automaticamente se se teñen publicacións recollidas nesta base de datos. Un autor/a pode solicitar a agrupación das distintas variantes do nome, e agrupar as súas publicacións en Scopus baixo unha única firma.
 
  • Vantaxes:
    • Créase automaticamente ao ter publicacións en Scopus
    • Permite xerar listaxes de publicacións e métrica de citas
       
  • Limitacións:
    • As identificacións de autores non sempre son correctas
    • Non se poden importar publicacións doutras fontes


Para máis información consultar a guía sobre  Scopus Author ID
¿Que é ResearcherID?
ResearcherID é un servizo vinculado a Web of Science (WOS) que permitía crear un perfil investigador e agrupar as variantes do nome baixo un único código persoal (ID).
Desde o 15 de abril de 2019, as contas de  ResearcherID con carácter "público" inclúense en Publons, outro servizo da empresa Clarivate Analytics á que tamén pertence WOS, onde prentende reunir a listaxe de publicacións dun autor/a así coma o seu traballo como editor ou revisor para dar visibilidade a cada unha destas facetas dun investigador/a. 
Se precisa asesoramento
Se precisa máis información ou asesoramento sobre este tema contacte con:
           referencia@uvigo.es / 986813843