O Novo RefWorks conta con varias formas de incorporar referencias e documentos na nosa conta.
Premendo no menú "+ Añadir" amósanse 3 posibilidades:
Con esta opción podemos subir a RefWorks calquera documento (ou carpeta de documentos) que teñamos no noso ordenador. O programa crea unha referencia a partir dos metadatos que extrae do documento enchendo os campos título, autor etc. Teremos que revisala e completar datos se é preciso. Aínda que podemos subir documentos en calquera formato (word, pdf, ppt...) so nos documentos que teñan ben definidos os metadatos (normalmente os pdf), completaranse ben os campos da referencia.
Función “Arrastrar e soltar documentos”
Outro xeito de facer o mesmo será arrastrar un documento desde a carpeta do noso ordenador ao panel central de RefWorks e soltalo no espazo "Soltar archivos aquí". O programa extrae os datos bibliográficos do documento (autor, título, publicación ...) e completa a referencia bibliográfica gardándoos nos campos correspondentes.
Esta funcionalidade so se pode empregar con formatos pdf e non serve para pdfs moi antigos (en formato imaxe) ou aqueles nos que os metadatos estean incompletos. Podemos ir un a un ou arrastrar unha carpeta con varios documentos.
Se temos unha conta no RefWorks Clásico (RefWorks Legacy) ou en Mendeley poderemos de forma directa e sinxela importar as nosas referencias á nosa conta no Novo RefWorks premendo nos botóns correspondentes e seguindo as indicacións en "Importar desde otro administrador de referencias"
Para importalas doutros xestores (Zotero, EndNote,...) teremos que gardalas nun ficheiro .RIS e importar o ficheiro seguindo tamén as indicacións dende "Importar desde un archivo".
Permite crear unha referencia introducindo os datos de forma manual. Preme en “Crear nueva referencia” e engade os datos de Título, autor etc. na plantilla que se abre á dereita da pantalla.
Indica que tipo de referencia vas gardar (libro, artigo de revista, capítulo etc) e introduce o título. Se premes na icona
que aparece ao lado do campo título o programa suxire referencias que coinciden co título. Se se amosa a referencia que queres engadir preme nela e completaranse de forma automática. Do mesmo xeito,
se introducimos un DOI no campo correspondente o programa localizará o documento e completará todos os datos.
Se o programa non detecta ningún título terás que completar todos os campos de forma manual. Enche coidadosamente cada campo e finalmente preme en "Guardar".
OUTRAS FORMAS DE IMPORTACIÓN
Ademais das opcións do menú "+Añadir", existen outras formas de gardar referencias na nosa base de datos de RefWorks. Cando facemos buscas en bases de datos, portais de revistas, páxinas web ou calquera outro tipo de provedor de información o programa permite gardar de forma automática as referencias e documentos que imos atopando nestes recursos.
- Marcador "Save to RefWorks"
- "Exportación directa/Direct export"
- Importación indirecta, "ficheiro .RIS"
Marcador "Save to RefWoks"
É unha das novidades do xestor e permite engadir referencias de forma rápida e sinxela. Precisa da instalación da ferramenta “Save to RefWorks” na barra de favoritos/marcadores do noso navegador. Unha vez instalado premendo nel capturamos a información bibliográfica que teñamos na pantalla. Deste xeito podemos gardar información bibliográfica de páxinas web, portais de información, prensa, bases de datos...
Como instalar "Save to Refworks" (pdf).
Exportación directa/Direct export
Moitas bases de datos teñen a opción de exportación directa a través do botón "Export to RefWorks" ou similar. Unha vez realizada a busca e dende a pantalla de resultados deberás localizar o botón de exportación aos xestores bibliográficos.
Importación indirecta, "ficheiro RIS"
Para aqueles provedores de información (cada vez menos) que non permiten incorporar automaticamente as referencias podemos escoller entre usar o marcador "Save to RefWorks" ou empregar a opción "Importar referencias".
Unha vez realizada a busca na base de datos, os resultados deberemos gardalos no noso ordenador nun arquivo en formato RIS, BibText ou Pubmed. Dende RefWorks premendo en "+" "Importar referencias" importaremos o arquivo seguindo as instrucións. Teremos que indicar cal é o formato do arquivo que imos importar.
ENGADIR ARQUIVOS ADXUNTOS AS REFERENCIAS
Se queres engadir documentos a unha referencia que xa tes previamente gardada en RefWorks podes facelo empregando a funcionalidade "Añadir un adjunto". Neste caso podes engadir tantos documentos como precises a cada referencia e en calquera formato (documentos de word, tablas en excel, imaxes, pdfs etc).
Edita a referencia premendo na icona do lapis
e busca o arquivo no teu ordenador. Engade o arquivo tal e como se amosa nas imaxes.