1. Que cursos e actividades formativas ofrece a Biblioteca?
A biblioteca ofrece diversos cursos e actividades formativas, tanto presenciais como virtuais, coa finalidade de facilitar a estudantes e investigadores/as as competencias informacionais necesarias na aprendizaxe e na investigación.
Entre estes cursos e actividades están:
Cursos virtuais
Formación presencial
- Sesións solicitadas polos usuarios/as: feitas á súa medida, tanto nos contidos coma nos horarios. Poden ser tamén peticións de docentes para impartir formación axustada ás necesidades dos seus estudantes.
- Sesións programadas pola Biblioteca: formación en bases de datos e outros recursos de información, xestores bibliográficos etc.
- Sesións de acollida ao alumnado de 1º curso: realizadas a comezos de cada curso académico, están orientadas a informar aos novos estudantes dos servizos bibliotecarios e formar no manexo do catálogo.