Localizador de recursos electrónicos
RESEARCHERID
                        
¿Que é ResearcherID?
ResearcherID é un sistema de identificación de investigadores/as vinculado a Web of Science (WOS) que permitía crear un perfil investigador e agrupar as variantes do nome baixo un único código persoal (ID).

AVISO IMPORTANTE: ResearcherID  intégrase o 15 de abril de 2019 en Publons, outro servizo da empresa Clarivate Analytics á que tamén pertence WOS, que permite crear un perfil de autor/a e reunir listados de publicacións coma autor/a, editor/a e revisor/a para dar visibilidade a cada unha destas facetas do traballo dun investigador/a.
 
Nesta páxina informativa e nas Preguntas frecuentes explícase esta converxencia: 
 
  • Se vostede ten un ResearcherID público, non é preciso que faga ningún cambio, dende o 15 de abril o usará en Publons. No caso de que xa teña un perfil previo en Publons unificaranse ambos perfís.
  • Se vostede ten un ResearcherID público e non desexa que se traslade a Publons, cambie a súa configuración a “privado” antes do 11 de abril e non se trasladará.
  • Se vostede ten un ResearcherID privado, dende o 12 de abril xa non será accesible e as publicacións gardadas quedarán arquivadas en EndNote.
  • Se vostede ten un ResearcherID privado e desexa que se traslade a Publons, cambie a súa configuración de privacidade a “público” antes do 11 de abril e se trasladará.
Videoclase sobre ResearcherID
Canal UNED. Identidad digital: ResearcherID (duración 8:20 min.)
Se precisa asesoramento
Se precisa máis información ou asesoramento sobre este tema contacte con:
           referencia@uvigo.es / 986813843
Máis información