FIADOR (Localizador de Fontes de Información Académica) :: Fiador: Empresa
Localizador de recursos electrónicos
EMPRESA


Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da Empresa
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
 Business Source Premier

Ofrece acceso ao texto completo ou a referencia de artigos de revista e outros documentos de diversa tipoloxía recompilados en bases de datos especializadas en economía e empresa. Tamén inclúe informes de citas, informes económicos de empresas, buscador de imaxes e índices bibliográficos.

Scopus
Preséntase como a maior base de datos de resumos e citas da literatura científica revisada por pares: revistas científicas, libros e actas de congresos. Conta con ferramentas avanzadas para buscar, analizar e visualizar a información.

 Web of Science
É unha base de datos bibliográfica que ofrece un acceso integrado á información da produción científica de calidade. No mesmo portal que este recurso están as seguintes utilidades:  Essential Science Indicators (permite coñecer as tendencias e os sectores punteiros na investigación e os documentos de maior impacto), Journal Citation Report (factor de impacto),  Research ID (perfil investigador unificado) e o xestor bibliográfico EndNote.
Recursos para localizar bibliografía
Acceso restrinxido UVigo [?] Business Source Premier
Ofrece acceso ao texto completo ou a referencia de artigos de revista e outros documentos de diversa tipoloxía recompilados en bases de datos especializadas en economía e empresa. Tamén inclúe informes de citas, informes económicos de empresas, buscador de imaxes e índices bibliográficos.

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Portal que ten como finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Recompila artigos de revista, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Tamén ofrece servizo de alertas bibliográficas, hemeroteca virtual e repositorio Open Access.

EconBiz:
Portal web que ofrece un motor de busca con bases de datos alemanas e internacionais de economía e empresa. Inclúe calendario de eventos.

Emerald
Colección de revistas electrónicas especializadas en economía e empresa.

Esade Knowledge
Portal de acceso ás investigacións da ESADE e doutros centros de excelencia.

Repec
Proxecto colaborativo internacional para a difusión da investigación no ámbito da economía e da empresa. Subdivídese en varias bases de datos: IDEAS (toda a base de datos de RePEc: documentos de traballo, artigos de revista, software, información dos autores e un directorio de institucións), CitEc: Citations in Economics (análise das citas dos documentos recollidos en RePEc), RePEc Biblio (selección dos artigos e documentos máis importantes)...

Scopus
Preséntase como a maior base de datos de resumos e citas da literatura científica revisada por pares: revistas científicas, libros e actas de congresos. Conta con ferramentas intelixentes para buscar, analizar e visualizar a información.

 Web of Science
É unha plataforma de investigación que ofrece un acceso integrado á información da produción científica de calidade. Ademáis da base de datos, incorpora outros servizos como InCites (analiza e compara a productividade institucional), Essential Science Indicators (permite coñecer as tendencias e os sectores punteiros na investigación e os documentos de maior impacto), Journal Citation Report (factor de impacto) e Research ID (perfil investigador unificado).
Información sobre empresas
 SABI
Ofrece información xeral e as contas anuais de empresas españolas e portuguesas. Permite buscar por diversos criterios (nome, NIF, localización, actividade...) e realizar análises estatísticos e comparativos.

Ardan...: empresas de Galicia
Directorio e informe económico financieiro de empresas galegas.
Información sobre sectores de mercados e actividade empresarial
CEOE
Páxina da Confederación Española de Organizaciones Empresariales.

CEPYME
Páxina da Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa. Inclúe un directorio de organizacións sectoriais.

Doing Business
Páxina do Banco Mundial que ofrece unha medición obxectiva das normas que regulan a actividade empresarial e a súa posta en práctica no ámbito nacional e rexional.

Esade Knowledge
Portal de acceso ás investigacións da ESADE e doutros centros de excelencia. Ofrece información sectorial no apartado "sector tips".

ICEX España Exportación e Inversiones
Páxina da entidade pública empresarial de ámbito nacional dedicada a promover a internacionalización das empresas españolas e atraer inversións.
Información sobre finanzas
Banco de España
Ofrece indicadores económicos, tipos de interese, balanza de pagos, débeda pública...

BME Bolsas y Mercados Españoles
Información sobre as bolsas, mercados de valores e sistemas financieiros de España.

Bolsa de Madrid
Información sobre o mercado de renta fixa, cotizacións e índices da bolsa. Tamén proporciona estatísticas sobre os índices do IBEX e o mercado continuo.

Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV)
Organismo encargado da supervisión e inspección dos mercados españois e da actividade dos que interveñen neles.

Google Finance
Información relacionada co mundo financieiro: cotizacións bolsísticas, datos económicos de empresas e noticias relacionadas que proveñen de diferentes fontes.

Nasdaq
É a bolsa de valores electrónica máis grande de EEUU. Ofrece cotizacións de accións, prezos bolsistas, novas sobre o mercado de valores...

OANDA
Conversor de divisas.
Outros recursos
Acceso restrinxido UVigo QMemento Contable (Quantor Contable)
Base de datos cuxo eixo principal son os mementos, solucións prácticas fundamentadas con comentarios de expertos. Ademais recolle xurisprudencia, doutrina administrativa, lexislación, formularios, modelos, exemplos, novidades e acceso á Revista de Jurisprudencia.

Febea.org
Páxina da Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access