Localizador de recursos electrónicos
NORMALIZACIÓN DA FIRMA
 
Por que normalizar a firma
Os autores/as a miúdo varían a forma coa que firman, pero ademais as bases de datos bibliográficas modifican estas firmas ao facer unha interpretación incorrecta de nomes e apelidos, adaptándoos ao modelo estándar mundial de firma.

Para os investigadores/as é moi importante normalizar o nome co que firman as publicacións científicas, facilitando así que as bases de datos o consideren como un único autor/a. Isto repercute na visibilidade acadada, e facilita a agrupación das súas publicacións e das citas recibidas.

Hai que escoller unha firma que identifique claramente e  distinga doutros profesionais, e de ser o caso, unificar as posibles variantes coas que aparezan nas bases de datos como Scopus, Web of Science etc. Tamén é recomendable incluír a filiación institucional de forma correcta.
Como escoller a forma da firma
Existen distintas recomendacións para normalizar a firma nas publicacións científicas, como  as da FECYTIraLIS. Á hora de escoller a forma coa que imos firmar é importante ter presente as seguintes pautas:
 
  • NOMES
    • Usar o primeiro nome desenvolto, sen reducir á inicial.
    • Só o segundo nome pode reducirse á inicial.
    • Non incluír partículas unindo distintos nomes.
 
  • APELIDOS
    • Usar os dous apelidos (salvo que se teñan apelidos pouco comúns) unidos por guión.
    • Evitar as partículas que unen nomes con apelidos ou apelidos entre si (no caso de manter as partículas, unilas por guión para garantir a súa integridade).
    • Manter os acentos e non usar abreviaturas.
Unificar a firma en Scopus
En Scopus as publicacións dun mesmo autor/a poden aparecer baixo distintas variantes do nome. Nestes casos pódese solicitar a Scopus a agrupación de todas as variantes do nome nun único perfil (Author ID). Para isto, realízase unha busca por autor, selecciónanse as variantes que se corresponde co mesmo autor/a e prémese en "Request to merge authors".
       

Ábrese un proceso guiado para proceder á selección da firma preferida e revisión das publicacións asociadas ao autor/a.
      
Unificar a firma en Web of Science
Na  Web of Science ás veces as publicacións dun mesmo autor/a aparecen baixo distintas variantes do nome.          
        

Nestes casos é posible solicitar a modificación da firma que figura nun artigo. Para isto hai que premer no título do documento que se quere cambiar;  aparecerá a información completa sobre o mesmo cun enlace a "Sugerir una corrección".
          

Prememos en "Sugerir una corrección" e no formulario que se amosa introdúcense as correccións oportunas no nome de autor/a. 
              
Se precisa asesoramento
Se precisa máis información ou asesoramento sobre este tema contacte con:
           referencia@uvigo.es / 986813843