

CrossRef é unha axencia de rexistros DOI para as publicacións científicas e académicas, que ten coma finalidade facilitar o enlace das referencias das publicacións científicas en formato electrónico para que sexan máis doadas de atopar, enlazar, citar e avaliar.
CrossRef recomenda aos editores amosar o DOI na primeira páxina do artigo (impreso ou electrónico), e tamén incluílo nas referencias electrónicas facéndoo enlazable precedido de http://dx.doi.org/; deste xeito o DOI convértese nun enlace permanente ao texto completo do artigo, capítulo de libro etc.
Crossmark é un servizo de CrossRef que permite comprobar se o documento é a última versión ou non, incluidas as correccións, as retractacións e as actualizacións do rexistro. Para isto hai que premer no logo de Crossmark nun documento PDF ou HTML, e unha caixa de estado informa se o documento é actual ou se hai actualizacións dispoñibles.
Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843
Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996
Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158