Na convocatoria da Universidade de Vigo para o profesorado contratado doutor, o profesorado permanente laboral e o profesorado axudante doutor correspondente ao ano 2023, establécese o seguinte procedemento:
1. As solicitudes presentaranse a través da
sede electrónica da ANECA.
Unha vez presentada, as persoas interesadas deberán enviar unha copia da solicitude asinada e do xustificante coa data de rexistro por correo electrónico ao Servizo de PDI (
consultapdi@uvigo.es)
. A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
2. O prazo de presentación de solicitudes abrangue
do 22 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2024.
3. Segundo se indica na base 3.1.d), a folla de servizos deberá ser de data
posterior ao 22 de decembro de 2023.
4. Os
criterios específicos aprobados para cada un dos campos de avaliación regúlanse na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (
BOE do 16).
5. No caso de solicitarse a
validación de sexenios obtidos noutras universidades, a solicitude presentarase nos termos indicados na base 9 directamente ante a
Universidade de Vigo, a través da súa sede electrónica.
Pode consultalo en
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/42319