A CNEAI, integrada en ANECA (Ley 15/2014 e Real Decreto 1112/2015), realiza a avaliación da actividade investigadora do profesorado universitario co obxectivo de recoñecerlle os sexenios como complemento de produtividade.
A solicitude de avaliación (por períodos de seis anos) é voluntaria; a súa finalidade é fomentar o traballo investigador do profesorado universitario.
A persoa interesada debe presentar as cinco aportacións, máis dúas substitutorías, que considere máis relevantes do período de seis años sometido a avaliación; excepcionalmente o número de aportacións poderá ser inferior se os traballos teñen unha extraordinaria calidade e tiveron unha alta repercusión científica ou técnica.
As aportacións teñen que estar publicadas nos anos para os que se solicita a avaliación, polo que non se teñen en conta publicacións «aceptadas», pero non publicadas, nalgún deses anos.
CNEAI concreta en cada convocatoria os criterios de avaliación específicos por campos científicos referentes á autoría, tipo de aportacións que se poden presentar, fontes que se empregan para valorar as publicacións etc.
A aplicación destes criterios depende dos comités avaliadores, xa que a súa aplicación se modula en función das características de cada aportación así como das circunstancias de cada disciplina:Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843
Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996
Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158