Accedemos á
Web of Science e seleccionamos a opción de "Búsqueda de referencia citada"
Introducimos os datos de:
- Autor citado: buscando polas posibles variantes dos apelidos
- Trabajo citado: é o título da revista ou publicación na que está incluído o documento que queremos consultar; se se trata dunha revista, é preferible empregar a opción "Ver lista de abreviaturas" para escoller a forma adecuada, senón por só o comezo dun termo representativo do título e truncar co *
- Título citado: é o título do documento (artigo, capítulo, ponencia...)
- Año(s) de cita: ano de publicación do traballo
Aparecen as diferentes referencias localizadas; seleccionamos as que correspondan ao traballo que estamos buscando e prememos en "Finalizar búsqueda"
Recuperamos os documentos que citan o noso traballo
Para máis información consultar:
- Titorial de busca por referencia citada en inglés